|
13
Abr
|
CELANOVA VOLVE SER UN DESTINO DE INTERESE PARA OS CENTROS ESCOLARES |
|
A Fundación Curros Enríquez volve ofrecer para escolares o programa ‘Ven a coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’ que combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo, á Virxe do Cristal e a mostra sobre os zapateiros que se atopa en Vilanova dos Infantes cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova, que este ano se ve enriquecido coa posibilidade de acceder á Torre das Campás do mosteiro. Actualmente son 34 os centros de toda Galicia que xa contactaron coa Fundación Curros Enríquez, o que supón a recepción aproximada de 1.400 escolares. Esta Fundación quere novamente en 2013 mostrar publicamente o seu agradecemento a aqueles centros que ano tras ano repiten a súa visita á Casa dos Poetas. Este será o caso de catro centros (IES As Lagoas de Ourense, IES Xulián Magariños de Negreira, o colexio Mosteiro de Bembrive e o IES Terra Chá. José Trapero Pardo), que volverán en quinta ocasión. |
|
27
Out
|
Axúdanos |
| A Fundación Curros Enríquez xunto co Concello de Celanova e o apoio de máis de 30 institucións, estamos tentando que a nova estación do AVE de Ourense leve o nome de "ESTACIÓN DE OURENSE-CURROS ENRÍQUEZ". Se queres axudarnos non tes máis que enviar un e-mail co teu nome, apelidos e DNI expresando o teu apoio. |
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)

.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
