Blog de Novas

Obradoiro de poesía visual impartido por Xosé Poldras o vindeiro sábado 14 de abril

A Casa dos Poetas acolle o sábado 14 de abril de 2018 un “Obradoiro de poesía visual” impartido polo artista Xosé Poldras. Cunha duración de catro horas (16:00-20:00) traballarase a poesía dos escritores de Celanova en tres partes:
– Proxección de imaxes modelo para dar a coñecer a poesía visual a través de diversos autores, e debater sobre e a idea de metáfora aplicada a unha imaxe.
– Elaboración de ensamblaxes para seren fotografados combinando obxectos con textos dos poetas de Celanova.
– Retoque dixital en grupo, de cada obra final, para dar unha eventual uniformidade ao traballo, ou o que se considere entre todos, á luz dos resultados.
Prezo: 5€