Sin categoría

I Semana de fotografía analóxica

I SEMANA DE FOTOGRAFÍA ANALÓXICA
“UN ROLO DE FOTOS”
PROGRAMA
Actividades

Do 5/10 a 2/11: Concurso de fotografía analóxica “Se eu fixen tal mundo…!”

Do 16/11 a 20/11: Obradoiro de fotografía analóxica destinado a que a xuventude nativa dixital, tan afeita á toma de fotografías dun xeito cotiá, coñeza os principios elementais da fotografía, así como os segredos do manexo dunha cámara analóxica, os principios básicos do revelado, ampliadoras, etc. Este obradoiro será impartido polo fotógrafo de Guadix, Torcuato Fandila.

21/11: Quedada fotográfica coas persoas participantes no obradoiro de fotografía analóxica e aqueloutras persoas que se anoten.

Do 7/12 a 10/1: Exposición de gran formato en lona, nos 36 arcos do Claustro Barroco do Mosteiro de Celanova, coas fotografías seleccionadas do concurso “Se eu fixen tal mundo..!”

Actividades paralelas

21/11: Foro de debate con xornalistas de medios locais cos que analizaremos a situación do xornalismo de opinión fronte ó balbordo das redes sociais e proporemos unha reflexión arredor da necesidade do xornalista na sociedade actual, baixo o fío condutor do lema: “Se eu fixen tal mundo…”
O formato elixido é o dunha mesa de redacción, con proposta de temas concretos a debater e redacción dunhas conclusións que serán divulgadas a través dos medios de comunicación, así como nas propias redes sociais.

Finalmente haberá un xantar organizado polo alumnado do Obradoiro de Emprego “Calderetas”, que será servido na Sala da Lareira da Casa dos Poetas, o mesmo lugar onde terá lugar a mesa de redacción. Serán convidados a participar arredor dunha ducia de xornalistas dos medios de comunicación instalados en Ourense.
A tertulia será retransmitida por streaming e as conclusións serán publicadas na web da Fundación Curros Enríquez e compartidas nas redes sociais.

22/11: “Vestidos de domingo”: Co fin de contextualizar o significado propio da fotografía analóxica no seu momento de máxima introdución social e coñecer tamén as distintas técnicas previas á chegada da película de celofán, trátase de promover aquelas persoas que o desexen consigan unha fotografía antiga da que fosen protagonistas, sos ou cos familiares e amigos, e procurando o mesmo escenario ou un escenario semellante, realizar a mesma toma fotográfica, pero catro ou cinco décadas despois.

Promoción do encontro nas redes sociais, documentación impresa e medios de comunicación.