O mais recente

Exposición CARTEIS, CARTAZES E AFFICHES de Baldomero Moreiras

BALDOMERO MOREIRAS MOSTRA EN CELANOVA A SÚA FACETA MÁIS DIVULGATIVA COA EXPOSICIÓN “CARTEIS, CARTAZES E AFFICHES”.
A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova e a Diputación de Ourense, acolle a mostra “Carteis cartazes affiches” de Baldomero Moreiras, comisariada pola consultora de arte ourensana Olga Pastor Alvarado.
Con esta exposición, que poderá ser visitada na Casa dos Poetas de Celanova, Baldomero Moreiras amosará a traxectoria artística do artista en torno ao mundo do cartel conmemorativo e divulgativo.
A inauguración será o 3 de agosto as 20h e poderase visitar ata o 28 de setembro en horario de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.
No propio día, haberá unha pequena festa onde desfrutaremos de música en directo, charlas dos implicados e a presentación dunha publicación recompilatoria destas obras.