Escritores de Celanova

 

Fachada principal "Casa Museo"

OBXECTO E FINALIDADE DA FUNDACIÓN

Fundación ten por obxecto promover e difundir o coñecemento da vida e da obra de Manuel Curros Enríquez, así coma dos outros poetas e escritores relacionados con Celanova. 
Polo que algúns dos fins da fundación son: a xestión anual da Casa Museo, a recopilación de material documental, mobiliario, etc. para a dotación da Casa Museo, a promoción de estudios de investigación e divulgación da vida e da obra de Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e os outros escritores nacidos ou relacionados con Celanova, a organización de campañas informativas a nivel escolar do que significou a figura de Manuel Curros Enríquez para o rexurdimento da literatura galega, a continuación da entrega anual do premio "Celanova, casa dos poetas” e a organización de talleres literarios, cursos de verán e outros relacionados coa poesía e o xornalismo, nos que destacou a figura de Curros Enríquez ademáis da organización de actividades culturais, congresos, seminarios, recitais poéticos, concertos, conferencias, mesas redondas e outros relacionadas co mundo da literatura galega e co tempo literario no que se moveron os poetas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DO PATRONATO PRO-CASA DE CURROS ENRÍQUEZ Á FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ.

Con motivo do centenario do nacemento do escritor, o 15 de septembro de 1951, o Concello de Celanova e unha comisión popular organizan unha serie de actos de homenaxe a Curros que inclúen a inauguración do monumento de Luciano Asorey, así como unha sesión da Real Academia Galega na que toman posesión dos seus respectivos asentos Xoaquín Lorenzo e Ferro Couselo. Froito, posiblemente, da calor do centenario, un ano despois, o 10 de decembro de 1952 surxe en Ourense o Patronato Pro-Casa de Curros Enríquez, co obxectivo fundamental de “adquirir totalmente la casa en que nació Curros Enriquez”, de cara a “darle el destino que más convenga: escuela, biblioteca, museo, etc.”, segundo se recolle nos estatutos fundacionais. Para iso, a sociedade Unión Orensana nombra usufructuario dos seus bens en España –lóxicamente a casa familiar do poeta- ó Patronato Curros Enríquez Este primeiro Patronato estaría constituido polo alcalde de Celanova daquel momento, Manuel Rodríguez Alonso, quen exercerá como presidente, ademáis de por José Fernández Gallego como vicepresidente, Constantino Añel González como secretario, Víctor Zorelle González como tesoureiro e como vocais, Daniel González Rodríguez e Clodomiro Rodríguez Fernández.Os ventos políticos que soplaban naquel momento non eran, sen embargo, os máis propicios para unha empresa cultural destas características e pese ós loables intentos deste grupo de persoas e dalgunhas máis que nos anos posteriores se sumaron á mesma, por dinamizar o proxecto de adquisición da totalidade do edificio e a súa posterior transformación en “escola, biblioteca ou museo”, a empresa foi dilatándose no tiempo e caendo no esquecemento. Conseguiuse non obstante a declaración da casa como “Monumento histórico de interés local” en 1976 que garantía o seu valor nun futuro como edificio público.


Sería de novo no mes de decembro, pero esta vez do ano 1985, cando outro grupo de celanovenses, entre os que estaban Xosé Manuel del Caño, Xosé Benito Reza e Antonio Piñeiro, ademáis do escritor de Vilanova, Xosé Luis Méndez Ferrín, propuxeron ó alcalde daquel momento, Adolfo Vázquez, a refundación do Patronato co fin de retomar o proxecto de transformación da casa en Casa Museo.


Un ano antes, o que naquel momento era director da revista “Follas Secas” Xosé Manuel del Caño, promoveu a creación do premio “Celanova, casa dos poetas”, que posteriormente sería asumido polo Patronato para convertirse no acto cultural de referencia desta entidade.


A revitalización do Patronato xerou o inicio dun largo e complexo proceso de negociacións cos propietarios e o día 22 de novembro de 1996 formalizouse a venda da parte que faltaba a favor do Concello de Celanova presidido neste momento por Antonio Mouriño Villar, con Jesús Pérez Varela como Conselleiro de Cultura.


Alcanzados os case 100 millóns de pesetas necesarios para a restauración da casa e unha vez redactado o proxecto, en decembro de 1999 comezaron as obras de rehabilitación.

Tres anos despois, coincidindo coa celebración do 150 aniversario do nacemento do escritor, entre os días 13 e 15 de septembro de 2001 tivo lugar en Celanova o “I Congreso Internacional sobre Curros Enríquez e o seu tempo”, organizado polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Celanova baixo a dirección do profesor Xesús Alonso Montero, no que participaron máis de 70 especialistas que realizaron unha profunda revisión á obra, á vida e á influencia do poeta na súa xeración. O día 15, día propio do aniversario de Curros celebrouse o primeiro acto público na casa despois da súa restauración.Co escenario vital dos Curros Enríquez habilitado para iniciar o proxecto de musealización, os novos tempos esixían tamén unha actualización do vello Patronato e unha potenciación do mesmo dando entrada a novas institucións que puideran garantir a actividade futura da casa e a súa financiación e incluindo como presidenta de honra á neta de Manuel Curros Enríquez: Manuela Curros Ortega.

Isto leva a que no mes de maio de 2004 surxa unha nova Fundación denominada Fundación Curros Enríquez tome o testigo do vello Patronato, xa conformada por un amplo abano de entidades institucionais, culturais e académicas como o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, a Consellería de Cultura, a Consellería de Educación, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, as Universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, así como as dúas Caixas de Aforro galegas (Caixanova e Caixa Galicia) para garantir a súa pervivencia.

COMPOSICIÓN

Presidente
ANTONIO MOURIÑO VILLAR

Secretario
ANTONIO PIÑEIRO FEIJOÓ
 
En representación:

Deputación Provincial de Ourense
JOSÉ LUIS BALTAR PUMAR

Consellería de Cultura
ÁNXELA BUGALLO RODRÍGUEZ

Consellería de Educación
 LAURA ELENA SÁNCHEZ PIÑÓN

Real Academia Galega
XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ

Consello da Cultura
RAMÓN VILLARES PAZ

Universidade de Vigo
ALBERTO GAGO RODRÍGUEZ

Universidade de Santiago de Compostela
SENÉN BARRO AMENEIRO

Universidade da Coruña
JOSÉ MARÍA BARJA PÉREZ

Caixanova
AMADEO RODRÍGUEZ PIÑEIRO

Caixa Galicia
ALFONSO CORTÉS CASTAÑERA

Concello de Celanova
JOSÉ MARÍA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

A título particular:
XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN
XOSÉ MANUEL DEL CAÑO
ADOLFO VÁZQUEZ RIVERO
MANUEL ÁLVAREZ PÉREZ
XOSÉ BENITO REZA RODRÍGUEZ
CESÁREO IGLESIAS GRANDE
ISABEL INGELMO HIERRO
LUIS VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
JOSÉ MARÍA PAZ GAGO
LUIS FERREIRO LOREDO
XOSÉ MANUEL SALGADO RODRÍGUEZ
ALBERTO MOREIRAS
MARCOS VALCÁRCEL LÓPEZ
XULIO OUTOMURO SAMPAIO
ÁNGEL MANUEL RODRÍGUEZ DAPENA
ANDRÉS MAZAIRA CASTRO

SEDE
Casa dos poetas

Rúa Curros Enríquez, nº 37
32800 Celanova (Ourense)tlfno: 988 45 11 76

Horario o público
De martes a sábados:
De 11,00 a 13,30 e de 16,00 a 19,00
Domingos e festivos:
De 11,00 a 13,30Luns pechado.

fundacion@currosenriquez.es