Escritores de Celanova

Unha vez casado con Petra Enríquez e xa instalado definitivamente en Celanova, o escribán Xosé María Curros Vázquez, orixinario do lugar de Santiso, na comarca coruñesa de Arzúa, decide mercar unha pequena casa situada nas traseiras da actual rúa de Curros Enríquez co fin de procurarse “casa-habitación propia”.
Este patrimonio vese incrementado no ano 1857, coa adquisición do edificio anexo a aquela primeira edificación, que dá ó número 20 da Rúa do Rollo e que nese momento encóntrase a medio construir, contando tan só coas paredes exteriores, sen ningunha división.
Esta sería a morada familiar dos Curros Enríquez a partir deste momento e do neno Manuel ata o ano 1965 en que a abandonou en desacordo coa férrea disciplina familiar imposta polo escribán, de quen se conta como anécdota que, preso da ira ó lixar o seu fillo un documento notarial que o pai lle fixera copiar nos protocolos da súa custodia, Xosé María Curros chega incluso a tirarlle un braseiro pola ventá.
Posteriormente, nunha carta que lle escribe a un amigo, Curros Enríquez reflicte gráficamente a incidencia que aquel edificio lle deixara marcada na súa infancia. “Ojalá pudiera yo acompañarte a Celanova –dícelle ó seu amigo- porque yo, para mayor desgracia mía, adoro aquella tierra en que tanto sufrí, aquel pueblo y aquella casa en que tanto lloré hasta los quince años en que la abandoné huyendo del furor paternal, para arrojarme en un mar lleno de tempestades, donde vivo en perpetuo naufragio...”.
Correndo o ano 1889 e “deseando evitar las dudas y pleitos que después de mi muerte podrían suscitarse entre mis herederos”, Xosé María Curros Vázquez celebra testamento por medio do cual unha parte da edificación pasa a mans da irmá do poeta, Sofía Curros, e outra parte ás sobriñas da propia Sofía e do escritor, Pilar, Amalia e Isabel de la Cal Rico y Curros.
En xaneiro de 1892 Sofía Curros Enríquez vende a súa parte a un veciño de Celanova, mentras que as súas sobriñas mantéñenna durante un tempo, ata o ano 1916 en que a xunta directiva da sociedade “Unión Orensana” de La Habana acredita a Modesto Fernández para que realice as xestións oportunas para a adquisición “bien en parte, bien en su totalidad” da Casa de Curros Enríquez, calificada por este colectivo como unha “reliquia histórica de inapreciable valor, por ser la cuna del más grande de los poetas galaicos y del más viril de los gallegos”.
Pilar e Amalia de la Cal Rico y Curros acaban vendendo por 16 mil pesetas o segundo piso, parte do primeiro, parte do baixo e unha pequena horta da casa ó apoderado da Unión Orensana da Habana.
Co paso dos anos, a outra parte do edificio, é dicir, a propiedade herdada por Sofía Curros, pasaría a ser propiedade dunha familia allea ós Curros Enríquez e finalmente ós González Calviño, que foron os últimos propietarios particulares desa parte do edificio.

O 10 de decembro de 1952 surxe en Ourense o Patronato Pro-Casa de Curros Enríquez, co obxectivo fundamental de “adquirir totalmente la casa en que nació Curros Enriquez”, de cara a “darle el destino que más convenga: escuela, biblioteca, museo, etc.”, segundo se recolle nos estatutos fundacionais. Desgraciadamente esta empresa foi dilatándose no tiempo e caendo no esquecemento.

Pese a todo, unha Orde do 25 de febreiro de 1976, declara a Casa de Curros Enríquez como “Monumento histórico artístico de interés local”, o que axuda a garantir no tempo o seu interese como edificio público.
A revitalización do Patronato en 1985 xerou o inicio dun largo e complexo proceso de negociacións cos propietarios da parte herdada por Sofía Curros e coas institucións locais, provinciais e autonómicas, que logrou cristalizar o día 22 de novembro de 1996, cando a herdeira desta propiedade, Ana María González Calviño, formalizou a venda da súa parte a favor do Concello de Celanova presidido neste momento por Antonio Mouriño Villar, con Jesús Pérez Varela como Conselleiro de Cultura.
Redactado o proxecto de restauración e contando coa aportación de 60 millóns de pesetas por parte da Consellería de Cultura, 24 millóns da Diputación provincial e 10,5 do Concello de Celanova, para alcanzar os 95,5 millóns que supuxo esta inversión, en dicembro de 1999 comenzaron as obras de rehabilitación.

Con motivo da clausura do “I Congreso Internacional sobre Curros Enríquez e o seu tempo”, o día 15 de septembro de 2001, data propia do 150 aniversario de Curros, celebrouse o primeiro acto público na casa despois da súa restauración. O poeta Luís González Tosar, acompañado musicalmente polo Grupo de Música Tradicional do Igaem, escenificaron un recital poético con textos do propio Curros Enríquez, de Celso Emilio Ferreiro e do recitador Luís González Tosar. A partir de entón a horta da casa quedará bautizada como a “Horta da palabra”.

Desde entón a casa estivo aberta esporadicamente acollendo exposicións temporais e outras actividades. Sen embargo a súa apertura definitiva ó publico non foi ata o 18 de febreiro de 2006 coincidindo coa inauguración da exposición “31 artistas arredor de X. L. Méndez Ferrín”.

 

 

 

A casa do poeta Manuel Curros Enríquez é un edificio de características arquitectónicas típicas dunha construcción vilega galega do século XIX.
De configuración prismática regular e dotada de tres plantas con ventanais simétricos laterais na planta baixa, en cuio centro se atopa a porta de acceso, e balcóns sen volante hacia o exterior nas dúas restantes, o edificio foi construido no ano 1850 unido por un patio interior propio da construcción rural galega a unha vivenda de configuración máis rural, da que se conserva unha fermosa “lareira” (cociña tradicional galega) na súa antiga cociña.
Na parte posterior do edificio ubícase unha horta anexa con porche de comunicación entre a primeira planta da casa e a horta e que está perfectamente acondicionada para poder acoller actividades ó aire libre.

 


 

Polo que respecta ó nome de “Casa dos Poetas”, éste xustifícase porque os obxectivos da Fundación Curros Enríquez non só se centran na vida e obra de Manuel Curros Enríquez, senon tamén na dos outros escritores ligados a Celanova como son Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro ou incluso Xosé Luís Méndez Ferrín, que é un membro activo da Fundación, ademáis dunha nova xeración de poetas, escritores e xornalistas tamén nacidos en Celanova e que garantizan a continuidade dunha tradición literaria que identifica a Celanova como tal vez a principal vila literaria de Galicia.

 

 

 

A exposición permanente que se pode contemplar na casa está disposta na planta baixa de ambos edificios, que conta con catro espacios diferenciados, e se centra principalmente na figura de Curros Enríquez, cunha somera aproximación á vida e obra de Celso Emilio Ferreiro.
Ó longo de sete paneis retroiluminados e dotados dunha cronoloxía elemental, ademáis de documentación gráfica e escrita e a reproducción dalgúns manuscritos do propio poeta, a mostra ofrece a seguinte información:
A.- Planta baixa

  1. A casa: A información céntrase na súa ubicación e unha somera información sobre o longo proceso vivido ata a súa transformación en Casa Museo.
  2. O contexto histórico: Presentados en dous paneis diferentes e consecutivos, o primeiro deles describe o contexto socioeconómico da Galicia na que Curros nace e forxa o seu pensamiento social, mentras que no segundo se realiza unha aproximación ó contexto sociopolítico da Galicia do Rexionalismo e da España que el coñece en Madrid e da que participa activamente desde o campo do xornalismo.
  3. Vida e obra de Curros: Neste panel situado xa nunha das dependencias do patio interior, descríbese gráfica, cronolóxica e documentalmente, a biografía elemental do poeta, tanto desde a óptica familiar, como desde os distintos ámbitos profesionais e poéticos nos que se moveu.
  4. Curros e a música: Xa nas paredes exteriores do patio preséntase un novo panel no que se analiza a relación que a obra poética de Curros Enríquez tivo coa música, xa que algunhas das súas máis coñecidas composicións foron musicadas e forman parte da memoria popular dos galegos.
  5. Curros e a Real Academia: Un breve panel describe o papel que Curros Enríquez xogou desde a Habana para por en marcha a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega, incluíndo a reproducción dun documento manuscrito no que afirma o seu compromiso para  tratar de “creala o antes posible”.
  6. Homenaxes a Curros: O fallecemento de Curros Enríquez e o seu posterior enterro na cidade de A Coruña xerou unha oleada popular de manifestacións de dó e de admiración polo poeta. Imáxenes do propio enterro e da inauguración dos monumentos de A Coruña e Celanova dan boa fe diso.
  7. Celso Emilio Ferreiro: Finalmente un espacio anexo á casa, tamén con acceso desde o patio interior do edificio, serve de escenario para a instalación dunha serie de paneis nos que se mostra unha aproximación biobibliográfica do poeta Celso Emilio Ferreiro.

B.- Primeira planta
A primeira planta da casa, á que se accede por unha fermosa escaleira que se conserva do edificio orixinal, conta con seis dependencias operativas cuia dedicación se describe a continuación:

  1. Salón: Permanece valeira posto que o obxectivo da Fundación é o de recrear nesta sala un espacio que transporte ó visitante ó ambiente que puido ter ese mesmo salón no tempo en que Curros Enríquez habitou o edificio. En tanto non se defina o contido deste salón, a dependencia destínase a exposicións temporais.
  2. Habitación 1: En sendas vitrinas pódense contemplar diversos documentos orixinais de Curros Enríquez, como cartas relacionadas co proceso de constitución da Asociación Iniciadora e da Academia Galega, etc., así como algunhas primeiras edicións dos seus libros.
  3. Habitación 2: Nunha vitrina igual ás anteriores están depositados libros e outros obxectos relacionados con Celso Emilio Ferreiro.
  4. Habitación 3: Destinada a exposicións temporais.
  5. Sala da lareira: Destinada á celebración das reunións do Patronato da Fundación, así como ó desenvolvemento de actos culturais, presentacións de libros, recitais, etc.
  6. Oficinas: Situada enfrente da escaleira do patio e con acceso directo ó “corredor”, ubícanse as oficinas de administración.

C.- Segunda planta

A segunda planta conta con cinco dependencias :

  1. Biblioteca: Unha pequena biblioteca dotada de material informático e conexión á rede, ofrece servicio para estudiantes e investigadores que desexen profundizar sobre diversos aspectos da vida e obra dos autores de Celanova.
  2. Habitación 1: Sala destinada a exposicións temporais sobre o resto de autores de Celanova.
  3. Habitación 2: Sala destinada a exposicións temporais sobre o resto de autores de Celanova.
  4. Habitación 3: Sala destinada a exposicións temporais sobre o resto de autores de Celanova.
  5. Galería: Sala de lectura.

 

 

 

D.- Información audiovisual


Como complemento a estes paneis informativos, en distintos espacios da planta baixa e a primeira planta da casa proxéctanse diversos documentais e audiovisuales sobre:

  1. Contextualización histórica da Casa dos Curros Enríquez
  2. A obra de Curros Enríquez
  3. Curros Enríquez, poeta do pobo.
  4. Celso Emilio Ferreiro ensina Celanova

 

 

 

 

fundacion@currosenriquez.es