Escritores de Celanova

Por iniciativa da Fundación Curros Enríquez, o Pleno do Concello de Celanova en sesión celebrada o pasado día 29 de novembro de 2010 acordou por unanimidade dos tres grupos políticos que o conforman, iniciar os trámites para solicitar do Ministerio de Fomento que a próxima estación do AVE de Ourense se denomine “ESTACIÓN DE OURENSE-CURROS ENRÍQUEZ”.

As razóns que avalan esta proposta e que se recollen no escrito do Secretario da Fundación Curros Enríquez, baséanse no simbolismo e actualidade que nestes momentos de esperanza pola chegada do Tren de Alta Velocidade a Ourense, conserva aceso o poema “Na chegada a Ourense da primeira locomotora” que o poeta celanovés escribiu para a ocasión naqueles días da primavera de 1881.

Co fin de facerlle ver ó Ministerio de Fomento que a figura de Manuel Curros Enríquez concita un amplo consenso colectivo en toda a sociedade galega como merecente da denominación que se solicita, se vostede está de acordo coa iniciativa agradecémoslle que exprese a súa adhesión que trasladaremos ó Concello de Celanova para incorporar ó dossier documental que será trasladado ó Ministerio.

Formulario de adhesiónVer firmas actuais

Nome*:
Apelidos*:
Localidade*:
  Imaxe
Código de seguridade*:
Todos os campos marcads cun * deben ser cubertos de xeito obrigado
 

 

fundacion@currosenriquez.es