
RELACIÓN DE GALARDOADOS
|
ANO |
NOME |
ACTIVIDADE |
|
|
1985 |
Xosé Luis
Méndez Ferrín |
Escritor |
Xosé Luís Méndez
Ferrín (Ourense, 1938), catedrático de Literatura no Instituto Santa Irene de
Vigo, colaborador no Faro de Vigo,
director da revista A trabe de ouro e membro do grupo Brais Pinto, ten
publicadas obras de todos os xéneros: como ensaista De Pondal a Novoneyra (1984), como poeta Voce na néboa (1957); Antoloxía popular (1972); Sirventés pola destrucción de Occitania (1975); Con pólvora e magnolias (1977); Poesía enteira de Heriberto Bens (1980); O fin dun canto (1982); Erótica (1992) o Estirpe (1994) e como narrador: Percival e outras historias (1958); O crepúsculo e as formigas (1961); Arrabaldo do norte (1964); Retorno a Tagen Ata (1971); Elipsis e outras sombras (1974); Antón e os inocentes (1976); Crónica de nós (1980); Amor de Artur (1982); Arnoia, Arnoia (1985); Bretaña Esmeraldina (1987); Arraianos (1991) e No ventre do silencio (1999) entre
outros. |
|
Uxio Novoneyra |
Escritor
|
Poeta nacido no
Courel, a súa terra natal é o principal referente dos seus versos. Foi
presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e algunhas das súas
obras son: Os eidos (1955), Os eidos 2. letanía de Galicia e outros
poemas (1974), Libro do Courel (1981), Poemas calgráficos
(1979), Muller pra lonxe (1987), Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988)
ou Poemas de doada certeza (1994) |
|
|
Alfredo
Cid Rumbao |
Historiador |
Alfredo Cid Rumbao
realizou un importante traballo de investigación a prol do coñemento
histórico de toda a provincia de Ourense e incluso se ocupou de Celanova na
súa obra "Crónica e guía de Celanova" . |
|
|
Ricardo
Carballo Calero |
Escritor |
Ricardo Carvalho
Calero, autor de ensaio e poesía, naceu o ano 1910 en Ferrol. Axiña entrou en
contacto co galeguismo e cos movementos culturais como o Seminario de Estudos
Galegos. Traballou como funcionario e colaborou nas máis destacadas revistas
literarias . Tras problemas
políticos que o levaron á cadea refuxiouse no ensino privado e desenvolveu un
importantísimo traballo investigador
publicando en 1963 a Historia
da literatura galega contemporánea e editando numerosos clásicos. Carvalho Calero
estivo sempre preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego e
mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no
movimento reintegracionista. |
|
|
1986 |
Anxel Fole |
Escritor |
Ánxel Fole é un
dos escritores galegos máis importates do século XX que ademáis cultivou
todos os xéneros literarios. Foi fundador da revista Yunque e
corresponsal na súa cidade natal, Lugo, da axencia de noticias Febus
(actualmente chamada Efe). Foron os seus contos os que máis fama lle deron e
forman en total catro libros. Algunhas das súas obras son Á lus do Candil
(1953), Terra Brava (1955), Pauto
do Demo (1958), Contos
da néboa (1972) e Historias que ninguén cre (1981). |
|
1987 |
Xaquín Lourenzo-Xocas |
Etnógrafo |
Adicoúselle este premio por ter unha vida adicada á Galicia popular, pola
súa amizade e fidelidade a Cuevillas, Risco e Otero Predayo,
porque representa a voz dos amigos e dos mestres da
xeración Nós e porque o seu tema é o mundo rural, tan esquecido,
onde está a esencia de Galicia. |
|
1988 |
Carlos
Velo Cobelas |
Cineasta |
Carlos Velo
Cobelas naceu en Cartelle (Ourense) no ano 1909. Foi dirixente da FUE e
organizou na Residencia de Estudiantes, xunto con Buñuel, un dos primeiros
cineclubs de España. Realizou en imaxes a súa tese doutoral en bioloxía sobre
a comunicación das abellas e durante a República dirixiu documentais. Ó
finalizar a Guerra Civil tivo que exiliarse a México onde rematou adicándose
ó cine, como director e como mestre na escola de cine. |
|
1989 |
Xosé Neira Vilas |
Escritor |
Escritor
galego residente en Cuba, marca por un lado un cume da nosa literatura con Memorias
dun neno labrego e por outro convértese nun dos meirandes valedores que temos recollendo a nosa memoria
histórica, facendo traduccións
e promovendo que se ensine
o idioma e a literatura galega en distintos países
e universidades do mundo. |
|
1990 |
Manuel
Maria Fernández Teijeiro |
Poeta |
Manuel María Fernández
Teijeiro (Outeiro de Rei, 1929) poeta, narrador, editor, e
libreiro, tamén cultivou a literatura infantil. Algúns exemplos da súa
creación artística son: Os soños na gaiola (1968),
unha antoloxía de poesía., Barriga verde (1968),unha peza
de teatro para nenos, Cando o mar
foi polo río (1992), Unha sombra vai polo camiño (1991), e Como
desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos (1991). |
|
1991 |
José
Otero Abeledo “Laxeiro” |
Pintor |
José
Otero Abeledo de Lalín,
nacido en 1908, destacou pola
súa aportación fundamental ó renacemento
da plástica galega do século
XX, pola súa xenerosidade humana e polo seu
amor ó pobo e á pintura. |
|
1992 |
Mesa
para a defensa do galego en Asturias |
Colectivo
Cultural |
A Mesa para a
Defensa do Galego de Asturias e da Cultura da Comarca é unha organización sen
ánimo de lucro con un obxectivo primordial: defender a cultura e lingua
galega falada nos 18 concellos máis occidentais do Principado de Asturias. |
|
1993 |
Xesús Alonso Montero |
Profesor |
Nado
en Vigo en 1928 é un destacado ensaísta e investigador
da literatura galega ademáis de ser o máximo coñecedor da obra e da biografía dos nosos
grandes poetas sociais de Galicia, nacidos en
Celanova: Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.
É un home que co seu exemplo de erudito soubo animar a creación de movementos
como o da “Nova Canción Galega” e dirixiu as coleccións de Arealonga e Arealonguiña da
editorial Akal. |
|
1994 |
Milladoiro |
Músicos |
Milladoiro representa o cume do panorama musical galego.
Asimila a historia, a tradición, as formas e incluso expresa a vangarda artística de Galicia. Racha as fronteiras xeográficas para proxectar de cara ó mundo, en clave de calidade, o máximo esplendor, a esencia e a fermosura da música galega. |
|
1995 |
Carlos
Casares Mouriño |
Escritor |
Casares
é un autor con clara vocación de conectar co gran
público, coa súa palabra limpa de artificios e de innecesario barroquismo. No
ecuador da súa carreira
literaria ofrece media ducia de títulos fundamentais da literatura galega,
como Vento Ferido, Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, Cambio en tres, Xoguetes para un tempo prohibido e Os mortos
daquel verán. Destacan
tamén os seus estudios
sobre Curros Enríquez e Vicente Risco pola súa concisión e claridade. |
|
1996 |
Manuel
Colmeiro |
Pintor |
Manuel Colmeiro Guimarás naceu na aldea de Chapa (Silleda, Pontevedra) cos albores do século XX e é un dos pintores máis representativos do Movemento de Renovación da pintura galega, esforzado sempre na búsqueda da personalidade transcendente e da tradición máis auténtica de Galicia. Colmeiro é case un século de formas
soñadas, perfiles que se esvaecen en cores gastadas nun labourar arreo na
procura da perfección imposible. |
|
1997 |
Isaac Díaz Pardo |
Polígrafo |
Compostelán nado en 1920 destacou polas grandes aportacións que fixo nos eidos da pintura, da artesanía- á que incorporou
os avances tecnolóxicos máis
vangardistas, respetando a tradición-, da
recuperación da memoria histórica de Galicia e da divulgación de materiais e textos de autores fundamentais. |
|
1998 |
Francisco Fernández
del Riego |
Xornalista Escritor |
Naceu na
provincia de Lugo en 1913 e é unha das figuras máis relevantes do ensaio e a
crítica literaria galega. Militante galeguista interviú en proxectos
do grupo Nós e o Seminario de Estudos
Galegos. Foi un dos
creadores da editorial Galaxia e promotor da revista Grial. Director
da Real Academia Galega e da Biblioteca da
Fundación Penzol destacou
pola súa entrega
desinteresada á cultura galega. |
|
1999 |
José Angel Valente |
Poeta |
Semella que predomina o escritor en castelán da posguerra pero no fondo de toda a súa actividade literaria latexa unha ardorosa labarada de amor polo galego orixinario. Nado en Ourense en
1929 estudiou a carreira de Dereito. Nos anos 40 publicou versos en galego e
relacionouse co galeguismo cultural, destancando a súa obra Sete ántigas
de alén logo ampliada en Cántigas de alén e outros escritos en
prosa sendo Galicia a inspiradora., incluso tamén na súa obra en castelán. |
|
2000 |
Xaime Quessada |
Pintor |
Xaime Quessada sitouse sempre á vangarda da arte contemporánea, constituíndo unha permanente referencia da boa factura pictórica, dentro dun presuposto de compromiso con movementos sociais. Xenerosidade é a palabra que caracteriza
a longa traxectoria deste
artista, que serve soñando unha
Auria capital de todas as artes e as letras desde o
seu taller de Vilar das
Tres. |
|
2001 |
Luz Pozo Garza |
Poeta |
Naceu en Ribadeo
pero viviu en Lugo, Viviero
e actualmente en Vigo. Estudiou Música, Maxisterio e Filoloxía Románica
e ocupou a cátedra de literatura española nun instituto. Filla de Rosalía (no sentido figurado) é autora de poemas de inspiración sensual, case erótica, que tanto sorprenden. Desde
a Posguerra foise manifestando como unha das voces máis profundas e
densas da poesía que se fixo en Galicia. |
|
2002 |
Xohana Torres |
Escritora |
Xohana Torres naceu
en Compostela ainda que se criou
en Ferrol. Escritora en galego,
filla e esposa de mariño,
viaxou por gran parte do mundo e forma parte da xeración das Festas Minervais, tamén chamada de “La Noche”. Aportou
as súas mellores páxinas na lírica Do sulco e Estacións ao mar pero tamén é fundamental a tarefa
que fixo como autora dramática, narradora, dunha única e importante novela Adiós María, contista e traductora. |
|
2003 |
Antón
Tovar Bobillo |
Poeta |
Naceu na Pereira
en 1921 pero empezou a publicar poesía en castelán xa maduro, e pouco a pouco
foi derivando cara ó monolingüismo en galego. O seu primeiro libro en lingua
galega é Arredores, de 1962, pero xa no 1960 foi galardoado co
primeiro e o terceiro premio nos Xogos Florais de Guimaraes e en 1981 foi Premio
da Crítica. Outras obras súas son Non (1967), 0 vento no teu colo
en Poesía galega completa (1974), e Calados esconxuros (1980). Sen perder nada da
súa autenticidade vai acadando co tempo un brillo verbal, unha sabedoría da
lingua e un poder evocador que o converten nun excelso poeta. Partindo de
pequenas cousas cotiás e íntimas, Tovar canta o home na súa tristeza e na súa
esperanza. |
|
2004 |
Acisclo
Manzano |
Escultor |
Representante das vangardas artísticas galegas no eido da escultura, encetou os vieiros da innovación plástica na tertulia do Volter baixo o maxisterio de Vicente Risco e dos seus compañeiros e amigos, Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios. Acisclo Manzano
forma un tándem artístico con Xaime Quessada, xa distinguido con este premio
no apartado da pintura. Ámbolos dous conforman unha especie de irmandade
artística pero mentres Quessada se amosa coma unha fervenza incontrolada de
palabras, Acisclo mide as súas intervencións cunha paciencia franciscana,
ante a imposibilidade de réplica, polo que os seus silencios resultan
enormemente expresivos. |
|
2005 |
Amancio
Prada |
Cantante |
Natural da Galicia sentimental (naceu en realidade en Dehesas, León, en 1949) Amancio Prada é o mellor embaixador da nosa lírica no mundo, facendo que chegue a todas as clases sociais de xeito indistinto e converténdoa nun verdadeiro fenómeno de masas. Os amores que sente Amancio Prada polos poetas galegos son unha constante
ó longo dos anos, con achegas periódicas de Rosalía de Castro, Curros
Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, como mostran os seus discos: “Rosas a
Rosalía” ou “Rosalía Sempre”. |
2006 |
Virxilio Fernández | Pintor | É o gañador desta edición pola entrega xenerosa
e calada da súa vida ó oficio da plástica galega.
A súa pintura representa a alma e o color de Galicia e do seu
pobo. Virxilio bebeu das fontes da tradición máis nidia ó asimilar a esencia da sensibilidade da cultura popular, transformándoa en comprometida vangarda. E alén diso, non se conformou con desenvolver esta faceta artística no entorno máis próximo, senón que axudou a proxectala ó ámbeto internacional. A súa obra non é soamente coñecida e recoñecida no país, participou nas exposicións O Gago e A Gadaña e realizou máis de cincuenta carteis, senón que tamén se proxecta en cidades tan significativas como París, Berlín ou Colonia. |
2007 |
Manuel Lurenzo | Escritor | Manuel Lourenzo naceu en Ferreira do Valadouro (Lugo) no ano 1943. Autor de aproximadamente 150 obras dramáticas ten unha intensa actividade como actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, traductor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais. A Fundación Curros Enríquez decidiu concederlle o XXIII Premio “Celanova, Casa dos poetas” ó dramaturgo Manuel Lourenzo, polo seu compromiso en prol do teatro galego e universal, como espello dos problemas sociais e existenciais ós que se enfronta o ser humano. O gañador do XXIII Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, membro da xeración “Abrente”, foi un dos fundadores do teatro galego contemporáneo nos anos 60, xénese vencellada ó Festival de Teatro de Ribadavia. Premio Nacional de Literatura Dramática, a Fundación Curros Enríquez non premia nesta ocasión soamente a un representante da nosa escrita dramática, senón a un home adicado en corpo e alma á tódalas dimensións da arte teatral: actor, director, productor, teórico, profesor... Dende a sua modestia e honestidade intelectual, Lourenzo desenvolve dende hai corenta anos unha incansable actividade no eido das artes escénicas, en Galicia e dende Galicia. |
2008 |
Alfonso Sobrado | Periodista | Alfonso Sobrado Palomares é un dos cumios do xornalismo de Galicia, xunto ós tamén ourensáns, Manuel Curros Enríquez ou Valentín Lamas Carvajal. Sobrado Palomares fundou e dirixiu revistas tan relevantes no panorama informativo estatal na segunda metade do século XX como “Posible”, “Ciudadano” e “Leer”, cabeceiras tan aperturistas que a censura e os secuestros situou ó borde da quebra en repetidas ocasións durante o franquismo. Ademais, ó longo da súa traxectoria profesional, puxo en marcha as axencias “Radial Press” e “Delfos”. Se ben, no seu papel no xornalismo non se limitou soamente á faceta de editor ou promotor de cabeceiras, senón que tamén exerceu a profesión no campo máis activo da mesma, chegando a entrevistar a persoeiros da talla histórica de Ben Bella, Tito, Fidel Castro ou Willy Brandt, que hoxe forman parte por dereito propio da Historia Universal. Así mesmo, durante un longo período de dez anos presidiu a Axencia EFE, promovendo a súa implantación ó longo de todo o planeta, o que significou colocar as canles informativas do xornalismo español na elite do xornalismo internacional. E iso sen esquecer xamais as súas orixes no planalto de Paradela (Calvos de Randín), ó pé das terras fronteirizas do Couto mixto, nin os seus comezos profesionais no xornalismo ourensán. Como escritor, Alfonso Sobrado Palomares ten publicados máis de media ducia de libros de éxito, entre os que destaca “Amareite despois de sempre” e a biografía do ex-presidente do Goberno Felipe González, xunto a outros textos narrativos e poemas en galego que permanecen inéditos. |
2009 |
Real Academia Galega | Academia | A Real Academia Galega é unha institución científica nacida en 1906 que ten como obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego. |