Escritores de Celanova

 

Tenda

 

Antoloxía : doce poemas

guia


Autor: Manuel Curros Enríquez
Coordinador da edición: Xesús Alonso Montero
Edita: Fundación Curros Enríquez e Editorial  Duen de Bux
Patrocina: Consellería de Cultura e Deporte
ISBN: 978-84-936024-9-9
PVP: 10,00 €
Páxinas: 135
Formato: 12 x 20
Encadernación: Rústica
Idioma: Galego
Ano de publicación: 2008

 

 

 

 

 

Estamos no I centenario da morte de Manuel Curros Enríquez, un dos grandes escritores galegos de tódolos tempos e o poeta máis amado, xunto con Rosalía de Castro, pola nosa xente. Nesta ocasión, a Fundación Curros Enríquez ofrece ós lectores unha antoloxía da poesía galega do escritor hai tempo esgotada.
A Antoloxía, única no seu xénero, non responde ó criterio subxectivo de ningún crítico ou estudoso, senón á escolla en cuxa elaboración participou un colectivo organizado de vinte profesores. Esta é a Antoloxía que agora se reedita e que satisfará e estimulará -pensamos- ós lectores de hoxe, especialmente ós centos e centos de escolares que cada ano visitan a Casa do Poeta, un dos templos da poesía europea do século XIX.


                                                                                                         Xesús Alonso Montero

 

Para conseguir algún destes exemplares cubra o noso formulario ou mándenos un e-mail á dirección da Fundación.


GASTOS DE ENVÍO CONTRA REEMBOLSO:

España: 6,00 €
Europa: 11,50 €
América: 12,00 €

 

1 Formulario-fundacion@currosenriquez.es

 

 

Guía Literaria de Celanova

guia


Autores: X. L. Méndez Ferrín, José María Paz Gago, Xosé Benito Reza, Antonio Piñeiro e X. M. del Caño
Edita: Fundación Curros Enríquez
ISBN: 978-84-612-1301-6.
PVP: 10,00 €
Páxinas: 126
Formato: 17 x 24
Encadernación: Rústica
Idioma: Galego
Ano de publicación: 2007

 

 

 

 

Veleiquí, pois, o grandioso escenario arqueolóxico, que debe sentirse unido á paisaxe natural e humana das montañas feras e de veigas feraces, no que xermolou primeiro a figura de Manuel Curros Enríquez e despois a de Celso Emilio Ferreiro, nas vangardas poéticas e políticas respectivas de cada un seu século e nados ambos na mesma rúa da vila de Celanova. Outros escritores acompañaron tales vultos maiores e, na actualidade, son varios os que continúan esta ilustrada tradición e siguen a perpetuar brillantemente a Celanova literaria. Entre eles Xosé Manuel del Caño, Xosé María Paz Gago, Antonio Piñeiro e Xosé Benito Reza, nativos todos quer da Vila quer da Terra de Celanova que, con altos e diferentes estilos personais, economía e recursos e fartura a caneiro cheo destes a un tempo, erudición e pensamento analítico, habelencia para recoller o dito ou escrito por outros e enfialo no discurso societario, foron capaces de neste libro construír unha doutrina común sobre o tema de longo alcance que a dimensión literaria de Celanova é.


                                                                                                          X. L. Méndez Ferrín

 

Para conseguir algún destes exemplares cubra o noso formulario ou mándenos un e-mail á dirección da Fundación.


GASTOS DE ENVÍO CONTRA REEMBOLSO:

España: 6,00 €
Europa: 11,50 €
América: 12,00 €

1 Formulario-fundacion@currosenriquez.es