Reinterpretación fotográfica de “unha boda en einibó” de manuel curros enríquez
TEXTO E FOTOS: Paula Conde
Sentirse coma un persoeiro máis dos poemas de Curros ocórrelle a todo aquel que lea os seus versos, sobre todo aquelas composicións coas que gañou o certame poético en Ourense, en 1877. ¿Quen non se anoxou con Martiño por non crer a Rosiña na Virxe do Cristal? ou ¿quen non recreou na súa cabeza ao gaiteiro de Penalta namorando rapazas nas festas? E finalmente durante o mes de xuño deste ano puidemos vivir de verdade un dos poemas de Manuel Curros Enríquez. Foron uns veciños seus, os alumnos de primaria do colexio Sagrado Corazón de Celanova os que regresaron aos tempos do poeta celanovés para recrear Unha boda en Einibó, aínda que adaptando o texto para expresalo nun novo formato, o fotográfico.
Empregando unha desas frases socorridas coas que se solucionan moi-tas discusións “hai que adaptarse aos tempos”, así foi como eles se quixeron achegar e transmitir a obra poética do noso autor. Vestidos algúns coma os convidados dunha voda desa época e outros abondosamente máis modernos, conseguiron a escenificación necesaria para facer crer aos demais asistentes que estaban na auténtica voda de Áde-ga e Bras.
EN PENALTA
A nova versión do poema comezou co traslado á carballeira onde se cele-brou o evento. En Penalta atopábase o predio escollido, cunhas fermosas caño-tas de fondo, e prestábaselles coma o sitio máis axeitado; pero para non esquecer o lugar propio, primeiro fixeron unha andaina ata Einibó. Mentres os maiores coñecían a aldea, os máis pequenos xa se arranxaban para o even-to e entre eles, con especial coidado, os noivos.
Unha mostra fotográfica foi a forma na que se quería plasmar esta actividade, así que inmediatamente despois de arranxar a vestimenta comezaron as cámaras a traballar. Noivos, padriños e convidados ían aparecendo e así chega-ban ao lugar da cerimonia nenas disfra-zadas de avoas, nenos cos traxes emprestados dos seus avós gastando boinas, caxatos e ata algunha pipa de tabaco e nenas acomodadas nos traxes que non hai moito tempo as súas nais luciran nalgunha voda. Sobre esta mes-tura de estilos, cores e balbordo, propio deste elenco de curta idade, oíanse as voces dos profesores tentando por orde para comezar.
O son das gaitas, despois de facé-rense agardar, deu comezo ao desfile. Os primeiros en achegarse ata onde estaba o cura foi a familia dos noivos e de seguido a noiva e o Bras, coa súa capa negra e o seu sombreiro de palla que en ocasións lle tapaba a cara ata o nariz. O cento de miradas do resto de rapaces que asistían fixo que o cura comezara a cerimonia colorado coma un pemento, entre risos e disparos das cámaras fotográficas. Chegaron os are-lados “si quero” dos nenos, a entrega de alianzas, o bico (este pasou coma un raio) e os “vivan os noivos”. No baile par-ticiparon os cento corenta escolares mais os profesores, por suposto, e o lanzamento do ramo foi o máis divertido, xa que era a metade en tamaño da moza; un atallo de pólas de carballo que voou sorprendentemente uns metros ata caer ao chan, coma sempre, mais unha nena, deixando a un lado a vergoña, tivo a boa conciencia de recollelo para que esta parte das celebracións actuais, recén adquirida coma un parasito de cul-turas alleas, quedara tamén plasmada. De feito, a mestura de actualidade e tra-dición foi totalmente intencionada, na procura dunha visión persoal, contras-tando diversos elementos ó longo da cerimonia: pamelas e boinas, chourizos e libras de chocolate, o branco da noiva ou o turquesa dalgunha invitada e o negro da maior parte do resto de invita-dos ou o traxe tradicional dos gaiteiros e as cámaras nas mans dos monitores.
O BANQUETE
Rematou a mañá co banquete. Sentados no chan entre manteis nos que colocaran cestos con plantas do campo (isto que non o saiba o dono do campo) e que se encheron de bocadi-llos, bebida para combater a calor do mediodía, saltóns e tantos outros trebe-llos dos que acordan levar os nenos ás excursións no último momento.
Cansos de xogar, bailar e posar para as fotografías regresaron ao mundo real e desandaron o camiño sentindo que a voda de Curros fora moito máis divertida do que esperaban e eu coa sensación de que fixeramos unha trasnada cun poema de Curros difícil de esquecer.