Obxectivo: Dar a coñecer ó visitante
as paisaxes, lugares, paraxes, e elementos singulares do entorno próximo
da vila de Celanova relacionados coa obra poética de Manuel
Curros Enríquez.
O poeta nace en Celanova o 15 de setembro do
ano 1851, na Rúa
do Gobernador n0 37, hoxe Rúa de Manuel Curros Enríquez,
onde está a actualmente A Casa dos poetas. Da
súa existencia en Celanova quedan as vivencias dos seus primeiros
catorce anos, antes de fuxir a Madrid á casa dun irmán.
Deste tempiño levará no fondo da súa alma, o cariño
pola nai, a acedume por un pai imposible, a lingua do pobo labrego,
os paseos co mestre Rebullo polo garimoso Val do Sorga, os soños
e fabulacións dun neno que co tempo chegaría a ser o
máis grande poeta civil de Galicia; nese lugar intermedio elixido
por Rosendo da cabalo do ermo das poulas da Chaira do Leboreiro, e
as veigas feraces e mimosas do río Arnoia, ó seu paso
pola Terra de Celanova, camiño da Raia.
Sinalización: Hai indicadores
en todas as desviacións nos puntos sinalados máis abaixo.
Accesibilidade: O percorrido
pódese facer
en coche agás o acceso pechado ó San Trocado e as reviravoltas
entre PenaIta, Einibó, e A Carballeira. Por iso a Ruta Currosiana
tamén se pode facer ós anaquiños se se quere.
Saida de Celanova pola rúa
Emilia Pardo Bazán (escritora), baixada pola rúa
Castor Elices (poeta) cara á parroquia de Mourillós.
Visita ó mosteiro de San Salvador
(Colexio dos P.P. Escolapios onde estudiou Curros)
Lectura de “A igrexa fría" (lugar do bautismo)
2) 0,650
Km
Capela do San Trocado
Mencionada do poema de “O gueteiro”
3) 1,150 Km
Campo de Mourillós. Sóbese á dereita
por forte costa seguindo o indicador.
4) 1,750 Km
Desvío sinalizado á esquerda
cara Penalta.
5) 1,900 Km
Penalta. A 50 mts antes de Penalta
séguese unha pista que a pouco muda en camiño por
piñeiral e que leva a Einibó
Lectura de "O gueiteiro de Penalta" (a
casa do gaiteiro)
6) 2,900 Km
Einibó. Ó final da
aldea cóllese baixando cara ó oeste, entre as casas
e as leiras, o camiño da carballeira.
Lectura de “Unha boda en Einibó” (eira
onde se celebrou a voda)
7) 3,300 Km
O camiño sae á Verea
Vella de Allariz, xiro á esquerda cara a Carballeira (casas
nova inmediatas)
8) 3,500 Km
A Carballeira, continuar á fronte
cara Celanova pola Verea Vella de Allariz
Lectura de "Nouturnio".
Lectura de "A sociedade lírica da Habana" (o lirismo
da paisaxe galega)
9) 4,200 Km
O campo de Mourillós, saída
xusto fronte ó fermoso cruceiro do lugar. Desvío á dereita
cara a igrexa.
10) 4,300 Km
Igrexa parroquial de Mourillós
con vestixios románicos na espadana
11) 4,600 Km
Mourillós. Da mesma aldea
sae cara enriba o camiño que leva á Devesa. Pódese
seguir tamén a pista que segue e que leva á Coutada
sen pasar pola Devesa e onde se xuntan as dúas rutas.
Lectura de "Os mozos" (o
esmorecemento do rural)
12) 5,000 Km
A Devesa, continuar cara á dereita
en dirección a estrada N-540 e camiño do Cristal
e Ourense 5,400 Km. Durante este traxecto camíñase
pola Coutada (antiga propiedade do mosteiro que nos lembra o poder
dos abades inxerido nos muros ciclópeos).
Lectura de "No convento" (O
anticlericalismo do poeta)
13) 5,800 Km
Entronque coa N-540,
seguir cara abaixo dirección a Ourense
14) 6,300 Km
Santuario do Cristal. Desvio á esquerda
case a fronte do concesionario da Renault polo vello camiño
de acceso ó burgo medieval chamado A Barronca (antiga
vía romana) cara a vila de Vilanova dos Infantes.
Lectura de “A Virxe do Cristal”
15) 6,700 Km
Vilanova dos Infantes.
Visita á Virxe do cristal.
Na visita ó centro comarcal pódese ver un audiovisual
sobre Curros e demais persoeiros da Terra de Celanova.
Lectura de "O último fidalgo" (brasóns
nobiliarios nas casas).
16) 7200 Km
Regreso a Celanova pola estrada vella.
A costa: Rampla, moi dura, que nos leva cara enriba deica a parte
alta de Celanova polo Grupo Escolar.
Lectura de "A nena na fonte" na
fonte que hai a 100 mts antes da costa.
17) 7,600 Km
No alto encóntrase a estrada
de Ramirás, crúzase sen máis e séguese
de fronte pola rúa do barrio da Pedradamoa que culmina
polo norte en Celanova.
18) 7,800 Km
A Pedra da Moa. Xiro ó final
da rúa á esquerda baixando pola rúa de Curros
Enríquez.
Lectura de "Elexia curros neno" de
Celso Emilio Ferreiro.
19) 8,100 Km
Celanova, chegada á casa do
poeta.
Regreso á Praza Maior
Visita á casa natal de Manuel
Curros Enríquez
A lenda da Virxe do Cristal é unha historia de crenzas e de
amor, de desengaños e vinganzas que o xesuíta Juan de
Villafañe colleitou da voz popular dos vecinos de Vilanova,
alá polo primeiro tercio do século XVIII no “Compendio
histórico de los principales santuarios de España” e
que logo lle serviría de base ó poeta celanovés
para – ferido das malas linguas que falaban do seu desamor coa
terra – presentar o poema a un concurso e gañar dous mil
reás coa lenda.
Conta o padre Villafañe que á virxe chámanlle
do Cristal “porque con estraña maravilla está formada
en lo interior de una columnilla o cilindro de cristal sólido,
de poco más de tres dedos de alto, y la imagen tendrá poco
más de uno, registrándose la imagen de una señora,
por un lado con las manos puestas y en ellas un rosario, el manto azul
y el vestido encarnado,y por otro lado del cristal se manifiesta con
las manos cruzadas y el mismo vestido con el rostro algo inclinado
y las fecciones se divisan menos perfectas”
E, en canto ós feitos que deron lugar á aparición,
describe o suceso de tal xeito: “En el siglo pasado, por los
años de 1630, trabajando un labrador en una heredad que tenía
(...) halló el cristal con la imagen dicha de Nuestra Señora
y aunque advirtió la singularidad, no haciendo mucho aprecio
de lo que por si y por las circunstancias merecía mucha admiración,
metió el cristal en la faltriquera y prosiguió trabajando
como antes, pero a poco tiempo advirtió que el cristal pesaba
tanto que no le dejaba fuerzas para moverse. Admirado con tan extraordinario
suceso (...) lo arrojó en el suelo, no haciendo estimación
del favor que le hacía el Cielo. (...) Al día siguiente
pasó por aquel sitio una pastorcilla y hallando el cristal le
tomó en la mano y admirada (...) se presentó al cura
y le entregó el cristal diciéndole el sitio donde le
había hallado. (...) El curo consultó el caso con el
Ilustrísimos señor Obispo de Ourense, quien la mandó poner
a la pública veneración y que se fabricase una capilla
en el lugar más cómodo y contiguo al sitio donde fue
hallada”.
Inserida, a tradición, na mentalidade popular dos veciños
de Vilanova dos Infantes, dela preñouse tamén a infancia
do poeta Manuel Curros Enríquez, non en van, a súa nai,
Petra Enríquez, era natural de Vilanova.
“Foi
preciso que pensase en miña nai, que maxinase o inmenso pracer
que esperimentaría de ver, tal como ela mo había referido
de pequeño ,a lenda da virxe das nosas montañas, para
que eu me puxese a escribila” transcribe Curros Enríquez
como nota limiar do poema cando publica este en Aires da miña
Terra.
(...) Estonces, unha Señora toda de lus rodeada, de estreliñas coroada que como diamantes son, cun mantelo na cabeza de pano negro, moi lindo, caladamente, surrindo, entrou pola habitación. Nunca seviu neste mundo máis feiticeira criatura, nin para tan grande hermosura comparación pode haber: por ollos ten dous luceiros, por dentes pelras dos mares, por greñas raios solares, por risa... un amanecer. (...)
E o que ata aquel momento, é dicir, os últimos anos
do XIX era só unha tradición mariana apoiada nun río
de devoción e nunha lenda máis ou menos fermosa, acadou
a dimensión literaria e pasou a ser un símbolo da idiosincrasia
galega.
Texto: Antonio Piñeiro
A existencia de Manuel Castro González, o arrogante gaiteiro
de Penalta, non é, nin moito menos, unha ilusión literaria
que Manuel Curros Enríquez matinara para participar no concurso
poético sobre “Tradicións, costumes e tipos” que
no ano 1877 se organizara en Ourense. Agora ben, o que si é evidente é que,
probablemente coma na “virxe do cristal” e en “unha
boda en Einibó, unha vez collidas da man a tradición,
o costume e o tipo, o maxín literario de Curros voara ó albedrío
da rima ou da métrica utilizada para as súas composicións
e algunhas das referencias que o poeta fai na redacción, non
sexan de todo certas.
O que hoxe sabemos é que Manuel Castro González nace
en Penalta o 18 de marzo de 1832 froito do matrimonio formado por Juan
Castro e Rosa González, labregos e vecinos de Penalta. Arredor
do ano 1860 debeu casar coa veciña de Santa María de
Olás (A Merca), Rosa Baquero, coa que acabaría por fundar
unha familia. E unha familia coma as da época, é dicir,
numerosa, como tamén lle correspondía a un bo gaiteiro.
Xa, dentro do matrimonio con Rosa Baquero, ten 6 fillos.
O que non sabemos por agora é cando o gaiteiro deixa de existir,
porque aínda que hai referencias á súa condición
de avó “residente en Penalta” e logo outras do “avó xa
falecido”, o libro de defuncións do Rexistro Civil de
Celanova non recolle o seu pasamento, o que ten feito pensar con serta
lóxica que o óbito o sorprendera fora do seu casal de
Penalta.
I era de ver con qué trazas, Sin faguer pausas nin guiños Nin caso das ameñazas, Furtaba un bico ás rapazas, Dos noivos diante os fuciños..
O que ainda permanece é unha anécdota contada por o
zanzofonista e gaiteiro, Faustino Santalices, o cal dicía que
fora alumno do famoso gaiteiro: que cando o gaiteiro tiña saída
par tocar nalgunha festa ou romaría de revolta, collera por
norma colocar unha saba branca nun penedo situado a carón da
súa casa en Penalta e cara o cal debería fitar polas
mañás o aprendiz de gaiteiro, co fin de poder saber dunha
fitada se tiña ou non tiña que ir ós ensaios aquel
día. E aínda hoxe podemos ver na ruta currosiana ese
penedo e imaxinar voltar ós tempos do gaiteiro de Penalta.