Guía literaria de Celanova

- Autores: X. L. Méndez Ferrín, José María Paz Gago, Xosé Benito Reza, Antonio Piñeiro e X. M. del Caño
- Edita: Fundación Curros Enríquez
- Ano de publicación: 2007
- Limiar: X.L. Mendez Ferrín
- PVP: 10,00 €
«Entre eles Xosé Manuel del Caño, Xosé María Paz Gago, Antonio Piñeiro e Xosé Benito Reza, nativos todos quer da Vila quer da Terra de Celanova que, con altos e diferentes estilos personais, economía e recursos e fartura a caneiro cheo destes a un tempo, erudición e pensamento analítico, habelencia para recoller o dito ou escrito por outros e enfialo no discurso societario, foron capaces de neste libro construír unha doutrina común sobre o tema de longo alcance que a dimensión literaria de Celanova é» (Xosé Luis Méndez Ferrín).
O ourego e o compás

- Autor: Baldo Ramos
- Edita: Fundación Curros Enríquez
- Ano de publicación: 2007
O poeta a artista gráfico Baldo Ramos volve a se sumerxir na combinación de imaxes e poesía para crear unha composición única, aínda que desta vez se centra máis na fotografía, deixando un pouco apartado o debuxo ao cal xa nos ten acostumados.
Antoloxía: doce poemas

- Autor: Manuel Curros Enríquez
- Edita: Fundación Curros Enríquez e Editorial Duen de Bux
- Ano de publicación: 2008
- PVP: 10,00 €
A Fundación Curros Enríquez ofrece aos lectores unha antoloxía da poesía galega do escritor hai tempo esgotada, que satisfará e estimulará aos lectores de hoxe, especialmente ós centos de estudantes que cada ano visitan a Casa dos Poetas, un dos templos da poesía europea do século XIX.
Na frente unha estrela

- Edita: Fundación Curros Enríquez e Real Academia Galega
- Ano de publicación: 2011
- PVP: 2,00 €
Unha guía sobre a exposición permanente dedicada a Manuel Curros Enríquez que se presenta na Casa dos Poetas en Celanova.
A Ramallosa. Caligrafías da Luz

- Autores: Baldo Ramos, Carlos Lorenzo, X.L. Méndez Ferrín, Aser Álvarez
- Edita: Asociación Arraianos
- Ano de publicación: 2011
- Colaboran: Fundación Curros Enríquez e Concello de Celanova
Os Calderetas descobren a poesía en Celanova

- Autor: Pepe Carreiro
- Edita: Fundación Curros Enríquez
- Ano de publicación: 2011
- PVP: 6,00 €
O coñecido ilustrador e autor infantil Pepe Carreiro crea para Celanova as personaxes de Roque, Torcuato e Cristal que coas súas inquedanzas se dispoñen a nos ensinar a vila a través da poesía de Manuel Curros Enrríquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Castor Elices e Castor Méndez Brandón.
Outras publicacións
No bico un cantar

- Formato: Libro-CD
- Autor: María do Ceo
- Edita: Fundación Curros Enríquez
- Ano de publicación: 2008
- PVP: 15,00 €
Disco de María do Ceo con versos dos grandes poetas de Celanova: Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín e Castor Elices Ven acompañado das biografías dos autores.
Nouturnio de Celanova

- Formato: DVD
- Autor: Raúl García Pérez
- PVP: 5,00 €
Curtametraxe de animación baseada no poema «Nouturnio» do escritor celanovés Manuel Curros Enríquez. Relata a historia dun vello condenado a abandonar o seu fogar para afrontar o «nouturnio» da sua vida. Con subtítulos en castelán e inglés.
Semanario Adiante

- Formato: Edición facsímil
- Edita: Fundación Curros Enríquez
- PVP: 1,00 €
No seu único número, publicado en 1933, o semanario Adiante trata as noticas do transcurrir da cultura galega en tódolos seus ámbitos. A publicación, que pretendía ser semanal, trataba de convertirse en voceiro das actividades das Mocidades Galeguistas, revelando a situación política da época.