Tipografías de Celanova

Estas dúas tipografías que aquí podes descargar inspíranse nos libros corais do século XVIII pertencentes ao mosteiro de San Salvador de Celanova. Os volumes, que son grandes encardenacións de pergameos, conteñen música monódica e textos en latín correspondentes aos rezos diarios dos monxes (“oficios”).

  • Celanova scriptum”: tipografía creada a partir das minúsculas e semicapitulares máis comúns entre os 22 libros de coro conservados en Celanova.
  • Celanova ornatum”: tipografía baseada nas letras capitulares dos devanditos volumes manuscritos. Este formato é moi axeitado para traballos de cartelería e publicidade.

Descarga as dúas tipografías dende a seguinte ligazón: tipografia_celanova.