
Do Rexurdimento en adiante
A que foi casa familiar de Manuel Curros Enríquez constitúe hoxe a sede dunha fundación homónima adicada á conservación e difusión da cultura celanovesa. O inmoble (coa categoría de Ben de Interese Cultural) sitúase no número 37 da rúa que leva o nome do poeta. Está formado por dous edificios: un coa estrutura dunha casa tradicional galega (onde se conserva a lareira e a cheminea) e outra parte de características máis urbanas (na que se inclúe a fachada). A fundación conta cunha exposición permanente onde se fai un percorrido pola vida e obra do recoñecido autor. Tamén se repasan momentos importantes da época (século XIX e comezos do XX) e se fai un achegamento a algún autores celanoveses que, xunto a Curros, lle dan nome ao lugar (“Casa dos Poetas”). Entre eles, están Celso Emilio Ferreiro.
- Ubicación: a 200 m da Praza Maior de Celanova. Para ver mapa, pincha aquí.
- Acceso: en horario de apertura. Para ver horario, pincha aquí.