Coñece o edificio

Nas fotos, a casa familiar do autor: Manuel Curros Enríquez. Sitúase no número 37 da rúa que leva o nome do poeta e está formada por dous edificios: un coa estructura dunha casa tradicional galega (onde se conserva a lareira e a cheminea) e outra parte de características máis urbanas (na que se inclúe a fachada).

A casa atópase aberta ó público e conta cunha exposición permanente que repasa a vida e a obra do noso autor, momentos tan importantes como a chegada do tren a Ourense, a emigración a Cuba ou a creación da Real Academia Galega, a cal lle adica unha mostra que se pode visitar no primeiro andar («Na frente unha estrela»). Nela destácase a popularidade que distingue e define ó autor.

Tamén se fai un achegamento aos demais autores celanoveses que, xunto a Curros, dan nome ó lugar: «Casa dos Poetas». Entre eles atópanse Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Luis Méndez Ferrín.

As instalacións complétanse con varios espazos para acoller actividades, unha sala de exposicións temporais e unha biblioteca ou sala de lectura. Para máis información, visite o apartado Qué facer.