Qué facer

Visitas guiadas pola casa

A casa atópase aberta ó público e conta cunha exposición permanente que repasa a vida e a obra do noso autor. Tamén se fai un achegamento ó outro autor celanovés, Celso Emilio Ferreiro.

A persoa que atende a casa realiza un percorrido detallado se o visitante así o desea. É un servizo gratuíto.

 *Se queres completar a túa visita a Celanova, bótalle unha ollada ó apartado: 

 

Obradoiros, presentacións...

Se necesitas un espazo para levar a cabo a túa actividade cultural e pensas que a Casa dos Poetas sería un bo lugar, no primeiro andar, onde se atopa a lareira, temos un salón de usos múltiples destinado a diferentes tipos de actividades.

Conta cun proxector, mesas e cadeiras variables que outorgan dinamismo a dito lugar. Nel celébranse dende presentacións de libros ata obradoiros para os máis pequenos da casa. Dependendo do tempo, tamén se pode facer uso da horta da casa para gozar de actividades ó aire libre.

 

 

 Exposicións

Parte do segundo andar está destinado a acoller exposicións temporais. Existe a posibilidade de solicitar este espazo sempre que a mostra cumpra os criterios que se adecúen ós obxectivos da entidade, como estar presente o tema literario ou a vila de Celanova.

 

 

Ler, coller un libro prestado, buscar información...

No segundo andar, atópase a biblioteca da Fundación Curros Enríquez. Nela xestiónase un fondo local con obras de interese para a vila que podedes consultar na páxina web do Proxecto Meiga. Nela contamos con publicacións dos nosos escritores e de Celanova, pero tamén poderás topar información variada a nivel galego. Tamén temos algúns exemplares orixinais dos escritores celanoveses que están dispoñibles para consulta.

Temos un servicio de hemeroteca das 3 principais edicións xornalísticas publicadas en Ourense, véxase, "La Región", "Faro de Vigo" e "La voz de Galicia", onde compilamos tódalas noticias sobre a Fundación Curros Enríquez, Celanova ou calquera autor relacionada con elas nos últimos anos.

Hai dipoñibles dous postos informatizados con acceso a internet ou rede wifi para quen traia o seu propio equipo.

Se está interesado/a en calquera destes servicios, nun dubide en contactar con nós.