Blog de Novas

43 establecementos de hostalaría de Celanova ofrecerán O “Caldo de Gloria” baseado nun poema Rosalian, o próximo sábado 23 e domingo 24 de febreiro

O día 24 de febreiro  celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e para celebralo a Fundación Rosalía de Castro, fai dous anos, con motivo do 180 aniversario do natalicio da poeta puxo en marcha unha iniciativa destinada a implicar á hostalería da vila na divulgación da escritora, propoñéndolle ós negocios que elaboraran un caldo seguindo a receita que Rosalía de Castro describe no poema “Miña casiña, meu lar”, ó cal bautiza como “CALDO DE GLORIA”.

No marco do proxecto de consolidación dun itinerario do Rexurdimento, a iniciativa ampliouse o ano pasado a Celanova e Ponteceso, que tamén se sumaron ese día á divulgación do coñecido poema rosaliano coa elaboración do “Caldo de Gloria” nas localidades natais de Curros e Pondal.

Feita a proposta por parte da fundación Curros Enríquez, a hostalaría de Celanova respondeu un ano máis magnificamente á mesma confirmando a súa participación un total de 43 establecementos entre os que se atopan restaurantes, cafeterías e aloxamentos de turismo urbano e rural. A altísima porcentaxe de participación (que rondará o 80%) dá mostra da sensibilidade deste sector, que co seu apoio arroupa as iniciativas nas que a literatura ten a súa parte protagonista.

Dese medio cento de establecementos celanoveses, os días 23 e 24 os restaurantes incluirán o “Caldo de gloria” na súa carta do día, mentres que os bares, tabernas, etc., ofrecerán unha cunca de caldo os seus clientes como complemento ó consumo da bebida. Con tal motivo a Fundación Curros Enríquez distribuirá entre os negocios participantes poemas de Rosalía de Castro para que a lectura da poesía acompañe nesta celebración e diverso material que proporcionará a Fundación Rosalía de Castro.

A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova organizan tamén para o sábado 23 ás 17,30 horas un concerto didáctico gratuíto “Especial Rexurdimento” na igrexa do Mosteiro de San Salvador, que terá como singularidade a interpretación das músicas de cancións que teñen letra dos tres autores e que son tan coñecidas como “Negra Sombra”, “Unha noite na eira do trigo ou Cántiga”, e o propio “Himno galego”. O concerto será ofrecido pola organista María José Mosquera acompañada de violín por Benito Buide e a voz de Ilduara Perianes.

Ademais, a Casa dos Poetas sumarase á celebración agasallando ós seus visitantes cunha publicación. As visitas poderán realizarse en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.00.

Por último abrirase de forma gratuíta para a súa visita por libre a exposición “Galicia e a sega en Castela ao longo dos tempos” situada na primeira planta do claustro barroco do Mosteiro de Celanova. Esta mostra permanente inclúe a visión literaria do fenómeno migratorio cun protagonismo especial para a Rosalía de Castro e o seu poema “Castellanos de Castilla”.

O domingo 24, a Fundación Curros Enríquez e a Fundación Eduardo Pondal únense á Fundación Rosalía de Castro nos actos que terán lugar en Santiago de Compostela e Padrón. Ofrecerase unha viaxe cultural na que se disporá gratuitamente dun autobús a todo aquel que queira inscribirse na Casa dos Poetas ou chamando ó 646026421. Darase lugar a unha convivencia de veciños das tres vilas, tan distantes xeograficamente dentro da Comunicade Autónoma pero unidas polos lazos literarios dos tres autores de referencia da literatura galega.

Dende a Fundación Curros Enríquez, convidamos, pois, a quen queira acompañar a celebración do aniversario de Rosalía de Castro comendo un caldiño, para que se achegue á vila que mellor estime, Padrón, Celanova e Ponteceso, e goce das actividades que acompañarán esa xornada protagonizadas pola poesía da figura máis representativa e querida das letras galegas.

LISTADO DE ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NO CALDO DE GLORIA
EN CELANOVA
1.    Casaberta
2.    A adega do Iván
3.    Tapería Gaia
4.    Café Bar Londres Tapería
5.    O Bodegón
6.    Café Bar Parderrubias
7.    Café Bar Nuevo Sol
8.    Bar Los Claveles
9.    Café Bar Bohemia
10.    Bar tapería O que faltaba
11.    Taberna O Tellado
12.    Restaurante Parrillada Moreiro
13.    Bar Tapería A Esmorga
14.    Novo Administración Café
15.    Café Bar América
16.    Mesón O Forno
17.    Bar Milmanda
18.    Bar Lúpulo
19.    Restaurante Cafetería Alquimia
20.    Café bar Entreamigos
21.    Mesón Vieira
22.    Alento Bakery Coffee
23.    Café Bar Espolón
24.    Café Rocarine
25.    Pizzería Sicilia
26.    Cafetería San Rosendo
27.    Bar Tapería A Casa do Furruxo
28.    Teleclub Vilanova
29.    Parrillada Celanova
30.    Parrillada Cristal
Asociación Limia Verde www.limiaverde.com (13 casas rurais asociadas)

Blog de Novas

Presentación de “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros” na Casa dos Poetas

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o xoves, día 7 de febreiro de 2019, ás 19.00 horas a presentación de “Alcumes de Celanova e verbas dos xingreiros”, obra que recolle recompilacións de Celanova e Vilanova dos Infantes elaboradas por varios veciños da zona ligados ás bandas de música deste concello, ás que se lle suman colaboracións doutros autores da comarca. Publicado polo Concello de Celanova, co apoio económico da Secretaría xeral de Política Lingüística, esta obra recolle tamén un vocabulario básico da lingua da xingra ou barallete dos músicos, que aínda actualmente segue a empregarse.