O mais recente

Día de Rosalía. 23 febreiro

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cun caldo gloria. Durante toda a xornada 26 establecementos de Celanova servirano como tapa ou parte do seu menú e a partir das 19 horas poderás degustalo na Casa dos Poetas en Celanova. Simultaneamente tamén se servirá á mesma hora na Casa de Rosalía en Padrón e na Fundación Pondal en Ponteceso.

En Celanova colaboran a Banda de Gaitas de Celanova, o Grupo Lembranza Solpor e a Asociación de Amas de Casa Ilduara.