Sin categoría

I Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas

I PREMIO DE POESÍA ACOUGA CASA DOS POETAS

Bases do premio

1. Hotel Acouga Boutique e a Fundación Curros Enríquez de Celanova convocan a 1ª edición do Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas.

2. Poderán optar ao premio todos os autores e autoras maiores de idade de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.

3. Fíxase un premio único que consistirá en dúas viaxes totalmente pagadas á Riviera Maya. O xurado pode declarar deserto o premio e conceder ata dous accésit, que consistirían en dúas noites en réxime de aloxamento e almorzo no Hotel Acouga Boutique.

4. Os traballos, cunha extensión mínima de 300 versos, serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado. Os autores responsabilizaranse de comunicarlle á organización, dun xeito inmediato, a concesión de calquera outro premio ao traballo presentado para poder ser retirado do concurso antes do día do fallo.

5. De cada traballo teñen que presentarse 3 copias en papel A4, mecanografadas a dobre espazo, numeradas e grampadas ou encadernadas. Estas deberán vir identificadas cun título e/ou lema. As obras presentaranse en sobre pechado, coa indicación “I Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas”, no seguinte enderezo:
Fundación Curros Enríquez
Rúa Curros Enríquez, 37
32800 Celanova (Ourense)

6. No interior do sobre, ademais dos traballos, achegarase outro sobre pechado, identificando tamén o título e/ou lema coa seguinte información:
– Título do traballo, nome do/a autor/a. e DNI ou pasaporte.
– Enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
– Declaración xurada na que se manifeste que o traballo presentado é orixinal, inédito e non premiado con anterioridade en ningún concurso ou certame.
– O selo que certifique a data de envío deberá ser visible.

7. O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 31 de marzo de 2024.

8. As deliberacións do xurado son secretas e delas levantarase a acta correspondente. A decisión do xurado farase pública no mes de agosto e o acto de entrega do premio terá lugar arredor do 15 de setembro, data do nacemento de Manuel Curros Enríquez, no que é obrigatoria a presenza do gañador ou gañadora.

9. O xurado estará integrado por tres persoas de recoñecido prestixio no eido da poesía galega e actuará como secretario un representante da Fundación Curros Enríquez, con voz e sen voto.

10. O título do traballo gañador e o nome e apelidos do sen autor ou autora daranse a coñecer mediante unha comunicación persoal (chamada telefónica) ao premiado ou premiada, así como na web da Fundación Curros Enríquez e do Hotel Acouga Boutique.

11. O trallado gañador será publicado total ou parcialmente na revista A Xanela, que edita Jofrey Hoteles.

12. As obras e os datos achegados destruiranse unha vez transcorrido un mes desde a data na que se faga público o fallo.

13. Calquera interpretación destas bases corresponderá exclusivamente ao xurado do premio.