XXVI PREMIO “CELANOVA CASA DOS POETAS”: MANUEL GALLEGO JORRETO
O ACTO DE ENTREGA DO GALARDÓN CELEBRARASE O DOMINGO 5 DE SETEMBRO DE 2010 EN CELANOVA
Un ano máis, durante a primeira fin de semana de setembro, Celanova lembra ós seus ilustres escritores. Os actos programados para este domingo comezarán cunha recepción ás 11.00 no Concello do premiado, o arquitecto Manuel Gallego Jorreto, onde se aproveitará para facer unha ofrenda floral e unha semblanza de Celso Emilio diante do seu monumento con motivo do seu 31 cabodano. O novo membro da fundación Felipe Ferreiro, será o encargado nesta ocasión de pronunciar unhas palabras que darán paso a un pequeno recital de poemas de Celso Emilio, Curros Enríquez e Castor a cargo da recitadora Carmeliña García. O acto estará amenizado coa intervención do grupo Haulodia e terá lugar a partir das 11.30. Ás 12:30 realizarase a entrega do premio no salón de actos do claustro barroco presidida polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, continuando a tradición iniciada coa apertura da casa museo de convidar para este día a un representante da Xunta de Galicia. A mesa da entrega estará constituída polo Conselleiro, o Alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño Villar, o homenaxeado Manuel Gallego Jorreto, o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín e Andrés Fernández-Albalat, membro da Real Academia Galega e gran coñecedor do traballo do galardoado, que realizará a ‘laudatio’. Dos representantes institucionais destacamos a presencia de José Manuel Baltar Blanco, Vicepresidente do Parlamento de Galicia, Xosé Luís Baltar Pumar, Presidente da Deputación Provincial de Ourense, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística e Francisco López, Director Xeral de Promoción da Lectura así como numerosos convidados do ámbito cultural. Como ven sendo habitual unha medalla de prata, coa imaxe da fachada da casa e as letras “C” (Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor, de Castor Elices) da autoría de Acisclo Manzano e un gravado realizado por Xosé Poldras, serán entregados a Manuel Gallego Jorretoo, quen asinará a continuación no libro de honra da Fundación pasando a formar parte desta entidade como Patrón. A FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ TOMA PRESTADA A PALABRA MANUSCRITA DE CURROS ENRÍQUEZ PARA PROMOCIONAR CELANOVA
PÓN Á VENDA UNHA NOVA CAMISETA QUE CONTÉN COMO IMAXE DE RECLAMO AS PALABRAS ‘CELANOVA’ E ‘GALICIA’ ESCRITAS POR MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Desde a apertura da Casa dos Poetas, a Fundación Curros Enríquez está a realizar un importante esforzo na promoción da vila de Celanova desde un dos seus ámbitos máis destacables: a literatura. Co fin de continuar nesta liña de colocar Celanova no mapa galego como unha das principais vilas vinculadas á literatura e seguir así coa promoción dos nosos escritores, a Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova, presenta unha nova camiseta que nesta semana se porá á venta na Casa dos Poetas e na Oficina de Turismo do Concello de Celanova. A camiseta presentada toma como motivos centrais dúas palabras manuscritas polo propio Manuel Curros Enríquez: ‘Celanova’ e ‘Galicia’, colocadas na parte dianteira e posterior respectivamente. Esta prenda foi deseñada polo Grupo Revisión Deseño que dirixe o coñecido deseñador coruñés Pepe Barro e que tamén se está a encargar da elaboración de contidos da mostra ‘Na frente unha estrela’ que a partir deste mes de xullo acollerá xa de forma permanente a casa familiar de Curros Enríquez. A adquisición desta camiseta, xunto co dos libros e resto de artigos de promoción dispoñibles, facilitará a posibilidade aos visitantes da Casa dos Poetas de colaborar no mantemento da casa museo, xa que desde a súa apertura a entrada segue a ser gratuíta. Manuel Curros Enríquez préstase nunha ocasión máis a ser unha das figuras claves na difusión de Celanova como unha das vilas galegas cun dificilmente mellorable patrimonio inmaterial: a literatura. A LITERATURA COMO EXCUSA PARA VIAXAR
O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez promoven unha excursión a Vilanova de Arousa, terra ligada ao escritor Valle-Inclán, o sábado 10 de xullo. Esta visita forma parte das actividades literarias destinadas aos máis maiores da vila co fin de dar a coñecer ao resto de escritores galegos contemporáneos dos poetas de Celanova. Ademais da obrigada visita ao museo de Valle-Inclán os veciños que desexen anotarse poderán participar no XX Encontro de maiores que organiza a Asociación cultural O Castro de Baión, e no que participará xente das catro provincias galegas. Os concellos convidados polo de Vilanova de Arousa, ademais do de Celanova, son os de Cedeira e Chantada. O programa inclúe as visitas ao museo Valle-Inclán e á adega de Albariño ‘Condes de Albarei’ e a participación nunha misa cantada pola coral Cantigas do Castro de Baión. Tras o xantar de confraternidade terá lugar o baile amenizado por varias actuacións musicais. A participación será gratuíta, subvencionada polo Concello de Celanova, con previa inscrición na Casa dos Poetas de Celanova. Os escritores, nesta ocasión de Celanova, seguen tamén a ser os protagonistas na recepción de visitantes á vila. O martes, 29 de xuño, achegarase o último grupo concertado do curso escolar, que acaba de rematar. Nesta ocasión, serán profesores do IES Taboada Chivite de Verín os que realizarán o programa centrado na figura do poeta Manuel Curros Enríquez e na que xa participaron o mes pasado alumnos do mesmo centro. A ruta currosiana foi realizada durante este ano por máis de 1.200 escolares de toda Galicia e será esta visita o peche oficial da recepción de grupos vinculados ao mundo da educación ata o comezo do novo curso. A BIBLIOTECA DA CASA DOS POETAS RECIBE DÚAS NOVAS TRADUCIÓNS DO ‘MANUAL PARA ENAMORAR PRINCESAS’ DE JOSÉ MARÍA PAZ GAGO
O escritor, catedrático da Universidade da Coruña e vocal da Fundación Curros Enríquez, José María Paz Gago, fixo entrega de dúas novas traducións da súa publicación Manual para enamorar princesas. Nesta ocasión trátasede dúas edicións bilíngües, a primeira en lingua macedonia e francesa e outra en castelán e árabe. Estas novas edicións xunto coa publicada o ano pasado en romanés, converten este libro de José María Paz Gago nunha das obras máis traducidas dun autor de Celanova. A biblioteca da Casa dos Poetas recibe periodicamente novas publicacións, a maior parte delas adquiridas pola propia Fundación Curros Enríquez, aínda que en certas ocasións son os propios autores quen a abastecen coas súas novas publicacións. Son tamén casos especiais, pero non por iso menos frecuentes, as doacións procedentes de particulares como foi o caso do orixinal do Semanario Adiante atopado por unha veciña da vila ou as doacións máis recentes: as edicións de principios do século XX das traducións de Manuel Curros Enríquez da obra de Anthero de Quental por un particular da Coruña, quen se interesou pola biblioteca tras a súa visita á Cada dos Poetas. A mesma situación viviuse o ano pasado cando se recibiron máis de 450 exemplares procedentes da Coruña, en concreto dun particular que desexaba atopar un lugar para deixar parte da súa biblioteca persoal e que se decidiu por Celanova despois de participar nunha das actividades organizadas pola Fundación en Celanova. Os fondos superan actualmente os 2.800 exemplares conformando unha biblioteca centrada na literatura galega e, en concreto, especializándose cada vez máis na obra dos autores da vila. MÁIS DE 2.000 ESCOLARES VISITAN A CASA DOS POETAS EN TRES MESES
Remata o tempo das visitas de escolares e a Fundación Curros Enríquez comeza a botar contas dos grupos atendidos na Casa dos Poetas e dos que ademais realizaron algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. Entre estas volveu a destacar a realización do programa ‘O Curros de Celanova’ que combina as visitas á Casa dos Poetas, ao Mosteiro de San Rosendo e á Virxe do Cristal coa ‘Ruta currosiana’, seguida polo novo percorrido urbano a través da poesía e da música. Un total de 2.020 alumnos pasaron pola Casa dos Poetas entre os meses de marzo e maio a coñecer aspectos da vida e obra de Manuel Curros Enríquez distribuídos en 47 grupos de centros de toda Galicia, sendo Pontevedra a provincia da que máis colexios participaron: 24, seguida pola de Ourense con 17. Pero o que realmente desexa destacar a Fundación Curros Enríquez é o elevado número de alumnos que ademais de visitar a casa familiar do poeta participan das actividades literarias que cada ano se ofertan desde esta entidade. Nesta ocasión foron 1.217 os rapaces que percorreron a vila e os seus arredores en clave literaria e coñeceron os lugares máis emblemáticos de Celanova en relación cos escritores. Tan só en 2008 podemos atopar unha cifra semellante, 1.100 escolares, ano destacado pola celebración do Centenario da morte de Curros, sendo a seguinte máis próxima en participación a de 2007 de 882, 2009 con 541 e finalmente 2006 con 250 estudantes. Facendo un repaso aos nomes dos centros de ensino que se achegaron este ano atopamos a posible explicación deste acontecemento. E é que moitos deles é a segunda ou incluso a terceira ocasión que realizan a ‘Ruta currosiana’. Chegando a darse o caso de profesores que repiten con colexios distintos tras un cambio de destino. Reiteracións que demostran que tanto o contido coma a organización se axeitan ao interese dos participantes e que aseguran a continuidade do programa. II XORNADA DE CONVIVENCIA DOS CENTROS CURROS ENRÍQUEZ
130 ALUMNOS PARTICIPAN NUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA EN LEMBRANZA DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ NA SÚA VILA NATAL
Celanova acolle por segundo ano unha Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que está organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colabora o Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa memoria. Esta II Xornada de Convivencia terá lugar o xoves, 27 de maio e participarán escolares de 5º e 6º de primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Celanova e CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén. Ás 11.30 da mañá terá lugar a recepción dos participantes no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador por parte dunha representación da Fundación Curros Enríquez e do Concello de Celanova. A continuación os alumnos dos centros da Coruña e Pazos de Borbén farán un percorrido cultural pola vila de Celanova no que se inclúen as visitas ao Mosteiro e á Casa dos Poetas, casa familiar do poeta homenaxeado. Finalizarase a mañá coa recepción dos centros foráneos no CEIP Curros Enríquez de Celanova onde se xuntarán todos os participantes da xornada. Os alumnos do Colexio Curros Enríquez da Coruña participarán, ademais, no programa de concertos didácticos de órgano que organiza o Concello de Celanova en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Tras o xantar no merendeiro que rodea a capela da Virxe do Cristal comezarán as actividades literarias en memoria do vate celanovés Curros Enríquez e que este ano se centrarán nos poemas que conforman a Ruta currosiana: A Virxe do Cristal, O gueiteiro e Unha boda en Einibó. Nesta ocasión a novidade está na realización da Ruta currosiana animada, durante a cal os nenos participarán en diversas actividades de conta contos, monicreques e obradoiros musicais. Xogos de animación para que coñezan os poemas de Manuel Curros Enríquez no propio lugar onde foron inspirados. Así coñecerán a lenda da Virxe do Cristal da man da compañía de marionetas Viravolta e a propia imaxe no lugar onde foi atopada en orixe: Posteriormente desprazaranse ata Penalta para escoitar a música do gaiteiro gabado por Curros e rematarán a tarde en Einibó onde participarán nunha voda moi especial con cabezudos. A FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ FAI ENTREGA DE LIBROS DOS ESCRITORES DE CELANOVA ÁS CASA DE TURISMO RURAL DA ASOCIACIÓN LIMIA VERDE
A LITERATURA DE CELANOVA Á MAN DOS VISITANTES O martes 9 de febreiro ás 11.30 na Casa dos Poetas, a Fundación Curros Enríquez fará entrega dun lote de libros para as casas de turismo rural que forman a Asociación Limia Verde. Obras dos escritores de Celanova encherán os estantes destes establecementos hoteleiros co fin de que os visitantes aloxados poidan coñecer de primeira man a rica literatura da zona e ir creando pouco a pouco unha biblioteca sobre Celanova en cada unha delas. Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, X. L. Méndez Ferrín ou Castor Elices serán a partir de mañá unha proposta máis para os momentos de descanso nestas casas rurais. Con este acto a Fundación Curros Enríquez desexa facer público o seu apoio á creación da Asociación Limia Verde deixando abertas as portas para futuras colaboracións. Esta reunión propiciará tamén o intercambio de información sobre as actividades culturais que realiza a Fundación ao longo do ano (exposicións, presentacións de libros, obradoiros, etc.) e as ofertas hoteleiras destas casas de turismo. En concreto esta entidade ofrecerá tamén a súa colaboración para que a Asociación Limia Verde poida ofertar percorridos literarios tanto pola propia vila de Celanova como polos seus arredores, percorrido que se corresponde á xa coñecida “Ruta currosiana”. Cooperación que estamos seguros enriquecerá e fomentará o interese por coñecer Celanova e a Baixa Limia en especial aos amantes das letras. Presentación do libro La Leyenda de las lágrimas doradas de Juanjo Lamela
O salón de actos do Claustro Barroco de Celanova acolle o xoves, día 28 de xaneiro de 2010, ás 20.00 horas a presentación do libro La leyenda de las lágrimas doradas de Juanjo Lamelas. No acto estarán presentes Antonio Mouriño Villar, Alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez, Juanjo Lamelas, autor da obra, Manuel José Díaz Vázquez, como representante da editorial Atlantis e Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez. Juanjo Lamelas naceu en Ourense en 1946, diplomado en Maxisterio, continuou os seus estudios na UNED para licenciarse en CC Químicas e posteriormente doutorarse na especialidade de Cinética Química. Participou en diversos congresos e publicou traballos de investigación en revistas como Journal of Chromatografich Science ou Afinidad. Durante oito anos dirixiu o Departamento de Cultura dun concello da súa provincia natal. Na actualidade dedícase á docencia, sendo tamén xefe de estudios, no CEIP Curros Enríquez de Celanova. La leyenda de las lágrimas
doradas é unha novela histórica que se desenvolve en
Alexandría, cara o PROGRAMACIÓN DE NADAL EN CELANOVA
Un ano máis a Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co Concello de Celanova acollendo na Casa dos Poetas algunhas das actividades como a Ludoteca e a actuación da agrupación Castro Floxo
18 de Decembro: representación da obra “Cósima” polo grupo Sarabela teatro no salón de actos do claustro barroco do Mosteiro de San Rosendo ás 19:00 horas. 19 de Decembro: Concerto de panxoliñas pola Coral Polifónica Solpor de Celanova no salón de actos do Mosteiro ás 20:00 horas. 23, 24, 29 e 30 de Decembro e 7 de Xaneiro son as datas escollidas para os Obradoiros de Nadal destinados aos máis pequenos en colaboración co Concello de Celanova. A literatura e promoción da lectura estará presente como cada ano nestas xornadas coa confección de manualidades e organización dunha pequena biblioteca na lareira. Realizaranse dúas sesións (unha pola mañá de 25 de Decembro: Misa con actuación do grupo Iuvenes Cantores na Igrexa parroquial ás 12.30 horas. 26 de Decembro: Actuación polo XXX Aniversario do Grupo lembranza Solpor de Celanova no salós de actos do Mosteiro ás 19.30 horas. 27 de Decembro: Misa con actuación da Coral da Merca na Igrexa parroquial ás 12.30 horas e presentación da curtometraxe “Nouturnio de Celanova” de Raúl García no salón de actos ás 19.00 horas. Esta animación en 3D está inspirada no poema do escritor Manuel Curros Enríquez O vello e o sapo. 31 de Decembro: Baile de fin de ano Iuvenes Cantores no salón de actos a partir das 00.30 horas. 1 de Xaneiro: Misa con actuación da Coral dos Servicios Sociais de Celanova na Igrexa parroquial ás 12.30 horas. 2 de Xaneiro: Festival Provincial de Panxoliñas na Igrexa parroquial ás 16.30 horas. 4 de Xaneiro: Títeres e teatro organizada para recaudar fondos para Cáritas polas aulas de teatro do CEIP Curros Enríquez e do IES Celanova. Será no salón de actos ás 18.00 horas. 5 de Xaneiro: Tradicional Cabalgata dos Reis Magos. O itinerario será o de costume con inicio ás 18.30 horas na residencia da terceira idade San Carlos e remate na Praza Maior onde os nenos poderán achegarse aos Reis e pedirlle os seus regalos. 6 de Xaneiro: Misa de Reis coa representación do nacemento vivinte e actuación da Coral Solpor de Celanova na Igrexa parroquial ás 12.00 horas. A continuación a Banda Municipal de Celanova realizará unha actuación no salón de actos. Pola tarde, ás 17.00 horas, os nenos e maiores poderán asistir a actuación do mago Gusi “Maxia polo Nadal” que terá lugar no salón de actos do Mosteiro. Próxima presentación da curtametraxe animada "Nocturnio de Celanova"
Raúl García presentará próximamente en Celanova a curtametraxe animada sobre o poema de Curros "Nocturnio".
NATALIA CORBILLÓN PRESENTA A TRILOXÍA ‘LOS HIJOS DE GEA’ NA CASA DOS POETAS DE CELANOVA
A Casa dos Poetas, sede da Fundación Curros Enríquez en Celanova, recibe este vernes, día 16 de outubro ás 11.30 horas, a presentación da nova edición de En algún lugar de Orión. Natalia Corbillón, natural da Merca, é a autora desta obra de ciencia ficción que forma parte da triloxía Os fillos de Gea.
O acto de presentación desta obra publicada por Mandala edicións estará protagonizado tanto pola autora como polo ilustrador, Urban Breznik, que realizará un taller con alumnos do IES de Celanova. Actualmente os estudantes xa están traballando con ilustracións do libro para, o día 16, confeccionar un cómic entre todos. CORCURSO DE POSTAIS PARA HOMENAEXAR A CELSO EMILIO POLO 30 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE
A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova convocan o concurso de postais de Nadal "Celso Emilio Ferreiro no trinta aniversario da súa morte" destinado a alumnos da comarca Terra de Celanova.
Con motivo da conmemoración do trinta aniversario da morte de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), a Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova, quere facer unha homenaxe á súa figura polos centros escolares da comarca coa finalidade de dar a coñecer a vida e obra deste autor da vila.
Para isto ofrécese aos colexios un proxecto, que inclúe un concurso de postais de Nadal, para traballar a figura de Celso Emilio Ferreiro a través da súa poesía dirixido a nenos de 5º e 6º de primaria. Os centros que xa confirmaron a súa participación son, CEIP Joaquina Galego Jorreto da Merca, CEIP San Marcos de Cartelle, CEIP Curros Enríquez de Celanova, CPR Sacro Corazón de Celanova, CEIP Rosalía de Castro de Gomesende, CPI de Padrenda - Crespos e CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás. A presentación deste concurso realizarase nos propios centros onde se lles exporá aos nenos un powerpoint sobre a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro e realizarán varios xogos. Será polo tanto unha visita totalmente participativa, onde se tratará en todo momento ao escritor dunha forma lúdica e amena. Os traballos que se presentarán a concurso serán debuxos inspirados nunha poesía de Celso Emilio de entre cinco que se poporán aos centros e que serán traballados por cada profesor na aula. Entre eles escolleranse dous que servirán de imaxe para as felicitacións de Nadal do Concello de Celanova e da Fundación Curros Enríquez. Os alumnos gañadores recibirán como premio un lote de libros e camisetas. O acto de entrega do premio terá lugar na Casa dous Poetas en decembro coa presentación das postais gañadoras aos medios de comunicación. As presentacións empezarán o venres no CPR Sangrado Corazón de Celanova e continuarán ao longo da semana que vén polos demais centros. BASES DO CONCURSO CONCURSO DE POSTAIS CELSO EMILIO FERREIRO NO TRINTA ANIVERSARIO DA SÚA MORTE O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez convocan o Concurso de postais "Celso Emilio Ferreiro no trinta aniversario da súa morte", de acordo ás seguintes bases:
A CASA DE CURROS ACOLLE Á VIRXE DO CRISTAL CON MOTIVO DA VISITA DOS MEMBROS DA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN
O venres 25 de setembro, a Casa dous Poetas acolle unha visita de membros da Asociación Síndrome de Down de Ourense. A novidade nesta ocasión está na anfitrioa, que será unha das propias usuarias da Asociación, veciña tamén de Celanova. Eva Fraga estivo realizando unhas prácticas no Concello de Celanova dentro dun programa de integración laboral que promove a Asociación Down. Foi entón cando xurdiu a idea de que fose a propia Eva a que fixese de anfitrioa para o resto de compañeiros na súa vila natal mostrándolles os lugares máis emblemáticos. Pola mañá, tras unha visita guiada pola propia Eva á Casa dos Poetas, asistirán a unha sesión de contacontos onde coñecerán a lenda da Virxe do Cristal popularizada por Curros Enríquez. A casa de Curros Enríquez recibirá para esta ocasión, e por primeira vez desde a súa apertura, a visita da imaxe da Virxe grazas á colaboración do párroco de Vilanova dous Infantes, quen se encargará do seu traslado. Xa pola tarde realizarán a visita ao Mosteiro de San Rosendo e diversas actividades de animación. SEMANA DE CINE E LITERATURA EN CELANOVA
CINE DOS 80 E PRESENTACIÓN DO CURTO "SOBRE A MORTE DO BIEITO"
Durante a última semana de xullo o cine será o protagonista das noites de Celanova.
Do 27 ao 30 de xullo terá lugar a Semana de Cine de Celanova (SECICE). Cine e literatura dos 80 no salón de actos do claustro barroco do mosteiro de San Rosendo. Os títulos que se emitirán son:
O venres 31 de xullo terá lugar a presentación da nova curtametraxe da directora celanovesa Xudit Casas: Sobre a morte do Bieito baseada na obra homónima do escritor Rafael Dieste. A proxección será ás 23.00 horas no salón de actos do claustro barroco. A repartición encabezada polo vigués Marcos Correa, coñecido polos seus papeis nas series da TVG "Rías Baixas" e "Padre Casares", está composto maioritariamente por veciños da comarca de Celanova. A POESÍA DE CELANOVA VIAXA ATA ROMANÍA DA MAN DE JOSE MARÍA PAZ GAGO
O escritor José María Paz Gago presenta, o sábado día 9, no Festival de Poesía Lucien Blaga de Alba Iulia (Transilvania), o Festival de Poesía máis importante de Romanía, a tradución romanesa da súa "Manual para namorar princesas" (Manual pentru îndrgostirea prin eselor), traducido por Christian Tamas e editado por Ars Longa (Iasi, Romanía). Ademais, o libro conseguiu un dos Premios do Festival, que lle será entregado mañá.
José María Paz Gago é un dos escritores nacidos en Celanova que
actualmente está publicando tanto poesía como traballos de
investigación no ámbito da literatura comparada. Fai menos dun mes
presentou en Celanova a antoloxía bilingüe ruso-galega de Manuel Curros Enríquez, da que realizou o prólogo como membro desta
Fundación.
UN MES DE MAIO CARGADO DE ARTE E POESÍA EN CELANOVA
A Fundación Curros Enríquez afrontará un mes de maio cargado de actividades co fin de facer chegar a veciños e visitantes: escultura, fotografía e por suposto poesía.
A Casa dous Poetas acollerá o día 30 de abril ás 20.00 horas a inauguración da mostra de escultura de Toño Monteiro. Esta exposición titulada "O maio", ademais de facer unha clara referencia ao tempo que poderá ser visitada na sede da Fundación Curros Enríquez, do 1 ao 31 de maio, pretende rememorar a poesía do escritor Manuel CurrosEnríquez.
Con respecto ao poema de "O maio", popularizado grazas á versión musicada de Luís Emilio *Batallán, a Fundación Curros Enríquez está preparando unha "folla voandeira" que se distribuirá gratuitamente polos establecementos da vila, principalmente bares e restaurantes. Esta iniciativa repetirase cada mes co fin de achegar a poesía dos autores clásicos e actuais de Celanova a veciños e visitantes. A fotografía tamén terá o seu espazo na Casa dous Poetas coa exposición do fotógrafo "O Rizo" que está percorrendo distintos puntos da provincia. Imaxes cotiás que este magnífico artista realizou por todo Ourense e entre as que tamén se atopa imaxes de Celanova polo que a Fundación Curros Enríquez está convencida terá unha boa acollida. A mostra será inaugurada durante o mes de maio. O mes de maio tamén é tempo das visitas de escolares, arredor de vinte centros teñen confirmada a realización dalgunha das actividades ofrecidas pola Fundación. Entre elas segue destacando a realización do programa "O Curros de Celanova" que combina as visitas á Casa dous Poetas, ao Mosteiro de San Rosendo e á Virxe do Cristal coa "Ruta currosiana", seguida polo novo percorrido urbano a través da poesía que comezou a ofrecer a Fundación fai poucos meses. Estímase superar o milleiro de alumnos que se acheguen a Celanova a coñecer a vida e obra de Curros Enríquez. Durante este mes proporcionarase ademais a todos os grupos de visitantes da Casa dous Poetas o texto do poema "O maio" e invitaráselles a realizar unha lectura pública fronte ao busto de Manuel Curros Enríquez situado fronte á alameda. Finaliza o programa de actividades deste mes a presentación do novo libro de conversacións con Celso Emilio Ferreiro publicado por Ramón Nicolás o día 21 de maio na cása museo. PRESENTACIÓN DE DÚAS ANTOLOXÍAS DE CURROS ENRÍQUEZ
A CASA DOUS POETAS ACOLLERÁ A PRESENTACIÓN DE DÚAS ANTOLOXÍAS DE CURROS PREPARADAS DURANTE O ANO DO CENTENARIO
A Casa dous Poetas acollerá este venres, día 27 de marzo de 2009, ás 19.30 horas a presentación de dúas novas antoloxías de poesía de Manuel Curros Enríquez. Este acto pon punto e final ás actividades de Conmemoración do I Centenario da morte do vate celanovés por parte da Fundación Curros Enríquez. No acto estarán presentes Antonio Mouriño Villar, Presidente da Fundación Curros Enríquez e Alcalde de Celanova, Xosé Carlos Sierra, Secretario Xeral da Consellería de Cultura e Deporte, Antonio Branco, Delegado Provincial da mesma Consellería, o profesor Xesús Alonso Montero, a catedrática da Universidade de San Petersburgo, Elena Zernova e José María Paz Gago, Catedrático da Universidade da Coruña e membro da Fundación Curros Enríquez. Con Antoloxía: doce poemas de Manuel Curros Enríquez a Fundación Curros Enríquez ofrece de novo aos lectores, no final do Centenario, unha antoloxía da poesía galega do escritor fai tempo esgotada. O profesor Xesús Alonso Montero foi o encargado de coordinar esta nova edición patrocinada pola Consellería de Cultura de Deporte, corrixida e revisada por Begoña Tajes e deseñada pola editorial Duen de Bux. O que fixo a esta antoloxía única no seu xénero foi a selección dos poemas, xa que no seu proceso participou un colectivo de vinte profesores e polo tanto non respondeu a ningún criterio subxectivo individual. Antoloxía. 12 poemas publicouse en 2001 con motivo do sesquicentenario do nacemento de Curros (1851-2001) e conseguiu un inxente éxito de lectores coa distribución de 10.000 exemplares. A Fundación Curros Enríquez espera que esta reedición estimule igualmente aos lectores de hoxe, en especial aos centos de escolares que cada ano visitan a Casa dous Poetas e para os que esta entidade organiza diversas actividades. A publicación ΜΑΗΥЭЛЪ КУРРОС ЭНРИКЕС (Manuel Curros Enríquez) a cargo de Elena Zernova, catedrática do Departamento español da Universidade estatal de San Petersburgo, constitúe o tomo XIII da Antoloxía da Literatura Galega editada polo Centro de Estudos Galegos de devandita universidade. Unha antoloxía poética bilingüe, en galego e ruso, do escritor celanovés cuxo momento de publicación non podía ser outro que 2008, ano do seu centenario. José María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e membro da Fundación Curros Enríquez, é o encargado de prologar esta publicación que, tras a súa presentación en Galicia, aparecerá proximamente nas librerías rusas. O Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo creouse en 1994 coa axuda da actual Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de difundir e promocionar a cultura e linguas galegas en Rusia a través da literatura. Tras presentar ao público ruso un panorama xeral da literatura galega, o equipo editorial iniciou unha serie de volumes individuais dedicados aos grandes escritores dos que xa están traducidos versos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Cabanillas. Fin da conmemoración do I Centenario de Manuel Curros Enríquez
150 ALUMNOS PARTICIPAN NUN PROGRAMA HOMENAXE QUE INCLÚE XOGOS LITERARIOS DEDICADOS A CURROS E UN CONCERTO DE MARÍA DO CEO EN CELANOVA
A Fundación Curros Enríquez promove unha Xornada de Convivencia
con varios centros de ensino para finalizar as actividades de
conmemoración do I Centenario da morte de Manuel Curros Enríquez.
O día 5 de marzo escolares dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Celanova e CPR Sacro Corazón de Celanova, ademais dunha representación do profesorado do CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén e do IES de Celanova participan nunha Xornada de Convivencia en homenaxe a Manuel Curros Enríquez. Ás 12 da mañá terá lugar a recepción dos participantes no Salón de Actos do Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador por parte dunha representación da Fundación Curros Enríquez e do Concello de Celanova. A continuación os alumnos farán un percorrido literario urbano pola vila de Celanova no que se inclúen as visitas ao Mosteiro e á Casa dous Poetas, casa familiar do poeta homenaxeado. Tras a comida nun restaurante da vila desprazaranse ao IES de Celanova onde realizarán uns xogos literarios que os propios nenos traerán preparados baseados en poemas do vate celanovés. No salón de actos do centro tamén coñecerán a lenda da Virxe do Cristal grazas a un contacontos e poderán ver a imaxe da propia virxe en persoa. Ás 17.00 horas as actividades trasladaranse de novo ao Salón de Actos do Mosteiro onde está previsto un concerto de María do Ceo, no marco dun convenio coa Deputación Provincial de Ourense. Alí, participantes e todo aquel que se queira achegar escoitarán temas do seu último traballo en homenaxe aos escritores de Celanova: "No bico un cantar". Disco que foi promovido desde esta entidade como parte das actividades do Centenario. A Fundación Curros Enríquez entra na recta final das actividades de Conmemoración do I Centenario de Manuel Curros Enríquez con esta Xornada de Convivencia, a próxima presentación dunha antoloxía do poeta a cargo de Xesús Alonso Montero e a inauguración da mostra "O Divino Sainete" na Fundación Torrente Ballester en Santiago de Compostela o día 13 de marzo. ACTIVIDADES DE NADAL EN CELANOVA
O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez colaboran un ano máis na confección dun calendario de Nadal cheo de actividades, en especial para os máis novos da vila.
Os días 22, 23, 24, 26, 29 e 30 de decembro e 2 - 3 de xaneiro terán lugar os "Talleres de Nadal".
Unha actividade á que cada ano súmanse máis participantes celebrada na
Sala da Lareira da Casa dos Poetas. Xa en 2007 o elevado número de
participantes obrigou a realización de dúas sesións diarias, polo que
en 2008 tamén se ofrecerán. Os máis pequenos, de ata 6 anos, asistirán
en horario de 11.00 a 13.00 e os nenos de ata 12 anos poderán realizar
as actividades destes talleres de 17.00 a 19.00.
Como vén sendo habitual os obxectivos destes talleres son ocupar o tempo libre dos nenos nestas datas de descanso ademais de espertar a súa creatividade, sensibilidade e cooperación. Este ano a reciclaxe tamén terá un gran protagonismo xa que todas as actividades empregarán na seu maior parte material reciclaxe: pinzas de roupa, bandexas de plástico, rolos de papel hixiénico, lá, cartón, etc. Nestes talleres elaboraranse separadores de libros, broches da boa sorte ou o necesario para a celebración do fin de ano, etc. para acabar o día 2 cunha festa "gastronómica" elaborada por eles mesmos (estrelas de Nadal, o tren da risa, boliñas de neve... con chocolate, pan de molde, froitas...). O día 3 de xaneiro acabaranse estes talleres cun conta conto no mesmo lugar de celebración do Taller. Será ás 11.30 e de entrada libre. Converténdose esta xornada na máis literaria de todas dado que os talleres celébranse no espazo de referencia poética da comarca. Para a participación no resto dos talleres é necesaria unha inscrición previa gratuíta na Casa dous Poetas. 988451176 Outras actividades deste Nadal son:
EXPOSICIÓN "O DIVINO SAINETE" DE LINA COFÁN E MANUEL SÁNCHEZ-ALGORA NA CASA DOUS POETAS
A Casa dous Poetas acolleu o sábado, 13 de decembro de 2008, ás 12.00 horas a inauguración dunha mostra sobre a obra de Manuel Curros Enríquez. Esta exposición enmárcase dentro das actividades de conmemoración do I Centenario do falecemento de Manuel Curros Enríquez e constitúe o perfecto broche final deste ano 2008 tan cargado de actividades na súa memoria.
Os artistas Lina Cofán, nada en Celanova pero residente en Madrid,
e Manuel Sánchez-Algora, de Madrid, realizaron sendas interpretacións
fotográfica e pictórica de O Divino Sainete. Co mesmo nome, exposición e
obra, realizan un repaso polas ideas do vate celanovés e a súa loita
pola mellora da condición da poboación galega e a súa cultura. Unha
obra sumamente crítica, na que os versos ofrecen unha plasticidade que
tanto Lina Cofán como Manuel Sánchez-Algora quixeron mostrar a
través da súa obra.
A exposición estará dispoñible para ser visitada na sede da Fundación Curros Enríquez desde o 13 de decembro ata o 31 de xaneiro de 2009 en horario de mañá e tarde. A entrada como é habitual será gratuíta. O día da inauguración ofreceranse uns aperitivos para todos aqueles que se acheguen a coñecer a mostra e os autores da mesma. Máis información en: www.odivinosainete.blogspot.com OS ACTOS DO CENTENARIO DE CURROS CONTINÚAN EN CELANOVA CUN RECITAL E UN CONCERTO
O mércores 6 de agosto ás 20. 30 horas terá lugar no salón de actos do claustro barroco do Mosteiro de San Rosendo o recital poético-musical "Quen pudera convosco voar" de Casahamlet. Un recital que ten como base literaria os poemas de Aires dá miña terra, recitados ou cantados, dirixidos a toda clase de públicos.
Este espectáculo, que está percorrendo toda España, está interpretado e
dirixido por Santiago Fernández e Manuel Lourenzo, gañador do premio
Celanova, Casa dos Poetas en 2007. Completan a repartición a cantante Anahí Varela e o músico Brandam.
A celebración deste recital xunto co concerto homenaxe aos escritores de Celanova que María do Ceo ofrece o xoves día 7 de agosto ás 22.30 horas no claustro barroco traerá á vila celanovesa os actos de conmemoración do Centenario que a Fundación Curros Enríquez ofreceu na Casa de Galicia en Madrid. Celanova segue a homenaxear ao seu poeta durante o mes de agosto ofrecendo ademais a posibilidade de visitar a exposición "Na fronte unha estrela" na Casa dous Poetas e unha mostra fotográfica sobre Cuba "A mirada estraña" na sala de exposicións do antigo cárcere. CONCELLOS DE TODA GALICIA CANTAN A MANUEL CURROS ENRÍQUEZ DE FORMA CONXUNTA
OS CONCELLOS CON RÚA CHAMADA MANUEL CURROS ENRÍQUEZ FORON INVITADOS A PARTICIPAR NUN ACTO CONXUNTO PO
A Fundación Curros Enríquez invitou a todos os concellos galegos cunha rúa denominada Manuel Curros Enríquez a participar nunha lectura poética conxunta á mesma hora para honrar ao poeta do que se cumpre o I centenario do seu falecemento.
O programa denominado "54 rúas cantan a Curros" invitou a estes concellos á organización dunha lectura de poemas do autor de "Aires dá miña terra" (podendo ser, na rúa que leva o nome de Curros Enríquez de cada localidade) o xoves 5 de xuño ás 12,00 horas. Data e hora que varía nalgún concello por cuestións de organización. O motivo da elección da data é a celebración da xornada na que un aínda novo Manuel Curros Enríquez compuxo o poema "Cantiga" -*logo popularizado a través da canción "Unha noite na eira do trigo"-, é dicir, que sería o primeiro poema que escribiu en galego. Cuestión pola que se pediu que se preparase a coñecida canción "Unha noite na eira do trigo", acabando o acto coa interpretación conxunta da devandita canción, co fin de que o mesmo día e á mesma hora, unha ampla representación social de Galicia interprete ao unísono unha das cancións populares máis queridas e coñecidas do pobo galego. En Celanova o acto terá lugar na rúa Curros Enríquez, fronte á casa natal do poeta, ás 12.00 horas. Tras a intervención do Alcalde de Celanova e Presidente da Fundación Curros Enríquez terá lugar unha lectura poética a cargo de alumnos do colexio Sagrado Corazón, do CEIP Curros Enríquez e do IES de Celanova que se encargarán da versión de "Cantiga". Finalmente o concelleiro de Cultura, José María Rodríguez lerá "Mestre", poema de Gonzalo López Abende adicado a Manuel Curros Enríquez. Actualmente hai contabilizados un total de 54 municipios con rúas ou prazas denominadas "Manuel Curros Enríquez": A Cañiza, A Coruña, Arteixo, As Nogais, As Pontes de García Rodríguez, A Rúa, Betanzos, Burela, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Agarimo, Castroverde, Celanova, Cospeito, Culleredo, Ferrol, Foz, Gondomar, Lugo, Melide, Moaña, Monforte de Lemos, Mugardos, Narón, Navia de Suarna, Neda, Nigrán, Noia, O Carballiño, O Barco de Valedorras, Oleiros, Ordes, O Saviñao, Ourense, Outes, Pobra de Trives, Pobra do Caramiñal, Pontevedra, Riveira, Santa Comba, Salvaterra de Miño, Santiago de Compostela, Sarria, Taboada, Touro, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Vimianzo e Xinzo de Limia. A continuación expomos os programas dos concellos que confirmaron a esta Fundación a súa participación nos actos de homenaxe. A Coruña Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez Hora 12.00 Participan alumnado e profesorado do CEIP Curros Enríquez da Coruña coa presenza da concelleira de cultura Mª Xosé Bravo. Ou acto consistirá nun recital poético musicado de "Unha noite na eira do trigo" Betanzos Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez Hora 12.00 Participan representantes do goberno municipal, do colexio "As Mariñas" e un gaiteiro. O acto abrirá coa interpretación de "Unha noite na eira do trigo" por Pedro Lama para continuar cunha lectura poética por parte do alumnado de secundaria. Finalizará coa interpretación do gaiteiro. Cambre Día: 5 de xuño Hora 12.00 Lugar: Nos 5 colexios de infantil e primaria e nos 2 institutos de secundaria Participan: Máis de 2.000 alumnos. Lectura do poema "Unha noite na eira do trigo" e recordatorio da conmemoración do centenario. Culleredo Día: 5 de xuño Lugar: Biblioteca Municipal "Miguel González Garces" Hora 12.00 O acto consistirá nunha lectura de poemas. No mesmo lugar poderase visitar unha exposición de libros de Curros e colocarase un panel informativo sobre a súa vida e obra. Neda Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez Hora 12.00 Participan alumnado e profesorado do IES Fernando Esquío, CEIP de Maciñeira e CEIP San Isidro. Tamén foron invitadas as asociacións veciñais. O acto consistirá nunha lectura poética de Manuel Curros Enríquez. Oleiros Día: 5 de xuño Lugar: Parroquia de Serantes (Mera) Hora 12.00 Participan alumnos de 4º de primaria do Colexio Luís Seoane de Mera, veciños e veciñas da zona e autoridades municipais. O acto empezará con intervencións do Alcalde e a Concelleira de Cultura para a continuación realizar unha lectura de traballos realizados polos propios alumnos para a ocasión. Riveira Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez Hora 12.00 Participa a Asociación Cultural a Gandaina (grupo de gaitas) e a Corporación municipal (O Tenente Alcalde, Vicente García Rivas, o Concelleiro de Cultura e festexos, Luciano Fdez Martínez, os Axudantes de programación Segundo M. Durán e Unai González). Tras un pasarrúas pola rúa Curros Enríquez procederase á lectura de "Unha noite na eira do trigo" para finalizar cunha foliada do grupo de gaitas. Santa Comba Día: 5 de xuño Lugar: Salón de actos do edificio multiusos (na rúa Curros Enríquez) Hora 12.00 Participa o CEIP Pepe Xan de Baña Durante o acto interpretarase "Unha noite na eira do trigo", exporase un Powerpoint sobre a vida e obra do autor, terá lugar unha lectura de poemas do autor e paralelamente exporase durante toda a semana un panel sobre o poeta na entrada do Edificio Multiusos) Sarria Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez (parte do Parque do Chanto) Hora 12.00 Participan alumnado e profesorado do IES Xograr Afonso Gómez e a Delegación de Educación do Concello. O acto consistirá nunha lectura poética e musical de Manuel Curros Enríquez. A Rúa Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez Hora 19.00 Acto no que participarán membros da escola de gaitas Carballiño Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez Hora 12.00 Acto no que participarán nenos de 1º e 2º de primaria do colexio Calvo Sotelo Verín Día: 5 de xuño Hora 12.00 Lectura poética a cargo de alumnos do CEIP Amaro Refojo. Xinzo de Limia Día: 5 de xuño Lugar: Praza Maior Hora 11.30 Participan alumnado e profesorado do CEIP Rosalía de Castro, IES Cidade de Antioquia e IES Lagoa de Antela. Intervención do Concelleiro de Cultura e lectura por parte dos alumnos dos centros antes mencionados. A Cañiza Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez Hora 12.00 Participan alumnos de ESO da Cañiza cunha lectura poética. Cambados Día: 5 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez (Casco histórico) Hora 12.00 Participa un grupo de música tradicional galega e José Benito Vázquez Casais (funcionario máis antigo do Concello) O acto consistirá na lectura de "Unha noite na eira do trigo" acompañado polo grupo de música. Cangas Día: 5 de xuño Lugar: Colexio San Roque Hora 12.00 Participa o Colexio de San Roque O acto consistirá nunha lectura poética de Manuel Curros Enríquez. Pontevedra Día: 5 de xuño Lugar: Praza de Curros Enríquez Hora 20.30 Tal e como se tiña programado neste Concello terá lugar o recital poético "Na fronte unha estrela" Ata o 15 de xuño poderase visitar a exposición da alameda na que se atopan textos de Curros despregados nas fachadas e comercios da zona. Vigo Día: 5 de xuño Lugar: Auditorio de Caixanova Hora 19.00 Actuación da Orquestra Municipal de Música, actuación do alumnado municipal de teatro e da soprano Río Boo acompañada por Cándido Cabaleiro. Actuación da escola municipal de danza e percusión municipal e actuación do músico de arpa Rodrigo Romaní. Vilanova de Arousa Día: 6 de xuño Lugar: Rúa Curros Enríquez (a carón dá Casa Museo Vale Inclán) Hora ao redor das 12.00 Participan escolares do colexio San Bartolomeu de Tremoedo O acto consistirá nunha lectura poética de Manuel Curros Enríquez dentro dun percorrido didáctico do itinerario valleinclaniano polos alumnos. Content Management Powered by CuteNews |