| A fundación |
|
HISTORIA
Os ventos políticos que sopraban naquel momento non eran, sen embargo, os máis propicios para unha empresa cultural destas características e pese ós loables intentos de adquirir a totalidade do edificio e a súa posterior transformación en “escola, biblioteca ou museo”, a empresa foi dilatándose no tempo e caendo no esquecemento. Conseguiuse non obstante a declaración da casa como “Monumento histórico de interés local” en 1976 que garantía o seu valor nun futuro como edificio público.
Tres anos despois, coincidindo coa celebración do 150 aniversario do nacemento do escritor, en setembro de 2001 tivo lugar en Celanova o “I Congreso Internacional sobre Curros Enríquez e o seu tempo”, organizado polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Celanova .O día 15, día propio do aniversario de Curros, celebrouse o primeiro acto público na casa despois da súa restauración.
Actualmente a Fundación ten por obxecto promover e difundir o coñecemento da vida e obra de Manuel Curros Enríquez, así coma dos outros escritores relacionados con Celanova, polo se responsabiliza da xestión da Casa dos Poetas, ademais de ocuparse de compilar material documental, organizar campañas informativas e levar a cabo actividades relacionadas co mundo da literatura galega e co tempo literario no que se moveron os poetas celanoveses. PADROADO Presidente Secretario Deputación Provincial de Ourense Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Real Academia Galega Consello da Cultura Galega Universidade de Vigo Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Concello de Celanova Título particular: ADOLFO VÁZQUEZ RIVERO SEDE Casa dos Poetas Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo HORARIO Martes a sábado de 11,00 a 13,30 e de 16,00 a 19,00. Festivos de 11,00 a 13,30 |
A Fundación
Con motivo do centenario do nacemento do escritor, o 15 de setembro de 1951, o Concello de Celanova e unha comisión popular organizan unha serie de actos de homenaxe a Curros que inclúen a inauguración do monumento de Luciano Asorey, así como unha sesión da Real Academia Galega na que toman posesión dos seus respectivos asentos Xoaquín Lorenzo e Ferro Couselo. Froito, posiblemente, da calor do centenario, o 10 de decembro de 1952 surxe en Ourense o Patronato Pro-Casa de Curros Enríquez, co obxectivo fundamental de “adquirir totalmente la casa en que nació Curros Enriquez”, de cara a “darle el destino que más convenga: escuela, biblioteca, museo, etc.”, segundo se recolle nos estatutos fundacionais.
Sería de novo no mes de decembro, pero esta vez do ano 1985, cando outro grupo de celanoveses, entre os que estaban Xosé Manuel del Caño (promotor en 1984 do premio "Celanova Casa dos poetas"), Xosé Benito Reza e Antonio Piñeiro, ademais do escritor de Vilanova dos Infantes, Xosé Luís Méndez Ferrín, propuxeron ao alcalde daquel momento, Adolfo Vázquez, a refundación do Padroado co fin de retomar o proxecto de transformación da casa en Casa Museo.
Co edificio preparado para o proxecto de "musealización", os novos tempos esixían tamén unha actualización do vello padroado. Isto leva a que no mes de maio de 2004 xurda unha nova entidade denominada Fundación Curros Enríquez, formada xa por un amplo abano de entidades institucionais, culturais e académicas que garanten a súa pervivencia..png)
.png)
.png)
.png)
.png)

.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
