logotype Coroa logotype
Séguenos en Facebook Séguenos en Twitter Séguenos en Youtube Séguenos en Youtube Séguenos en Tuenti
  • Contacto
  • Libro de visitas
  • Mapa web
  • Galego
  • Español
  • Inicio
  • A Fundación
  • Os Poetas
    • Manuel Curros Enríquez
    • Celso Emilio Ferreiro
    • X.L. Méndez Ferrín
    • Outros escritores
  • Localización
    • Casa Museo
  • Actividades
    • Axenda
    • Programa escolares
    • Premio Celanova Casa dos Poetas
    • 2012 Centenario C.E. Ferreiro
    • Arquivo
  • Servizos
    • Publicacións
    • Hemeroteca
    • Ruta Currosiana
    • Galerías de imaxes
  • Noticias

Inicio Actividades Axenda

A fundación

HISTORIA

coroaCon motivo do centenario do nacemento do escritor, o 15 de setembro de 1951, o Concello de Celanova e unha comisión popular organizan unha serie de actos de homenaxe a Curros que inclúen a inauguración do monumento de Luciano Asorey, así como unha sesión da Real Academia Galega na que toman posesión dos seus respectivos asentos Xoaquín Lorenzo e Ferro Couselo. Froito, posiblemente, da calor do centenario, o 10 de decembro de 1952 surxe en Ourense o Patronato Pro-Casa de Curros Enríquez, co obxectivo fundamental de “adquirir totalmente la casa en que nació Curros Enriquez”, de cara a “darle el destino que más convenga: escuela, biblioteca, museo, etc.”, segundo se recolle nos estatutos fundacionais.

Os ventos políticos que sopraban naquel momento non eran, sen embargo, os máis propicios para unha empresa cultural destas características e pese ós loables intentos de adquirir a totalidade do edificio e a súa posterior transformación en “escola, biblioteca ou museo”, a empresa foi dilatándose no tempo e caendo no esquecemento. Conseguiuse non obstante a declaración da casa como “Monumento histórico de interés local” en 1976 que garantía o seu valor nun futuro como edificio público.

Logo_Fundacion_Curros_granateMPSería de novo no mes de decembro, pero esta vez do ano 1985, cando outro grupo de celanoveses, entre os que estaban Xosé Manuel del Caño (promotor en 1984 do premio "Celanova Casa dos poetas"), Xosé Benito Reza e Antonio Piñeiro, ademais do escritor de Vilanova dos Infantes, Xosé Luís Méndez Ferrín, propuxeron ao alcalde daquel momento, Adolfo Vázquez, a refundación do Padroado co fin de retomar o proxecto de transformación da casa en Casa Museo.

A revitalización do Padroado xerou o inicio dun largo e complexo proceso de negociacións cos propietarios e o día 22 de novembro de 1996 formalizouse a venda da parte que faltaba a favor do Concello de Celanova presidido neste momento por Antonio Mouriño Villar, con Jesús Pérez Varela como Conselleiro de Cultura. Alcanzados os case 100 millóns de pesetas necesarios para a restauración da casa e unha vez redactado o proxecto, en decembro de 1999 comezaron as obras de rehabilitación.

Tres anos despois, coincidindo coa celebración do 150 aniversario do nacemento do escritor, en setembro de 2001 tivo lugar en Celanova o “I Congreso Internacional sobre Curros Enríquez e o seu tempo”, organizado polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Celanova .O día 15, día propio do aniversario de Curros, celebrouse o primeiro acto público na casa despois da súa restauración.

Medalla_Casa_dos_Poetas_PCo edificio preparado para o proxecto de "musealización", os novos tempos esixían tamén unha actualización do vello padroado. Isto leva a que no mes de maio de 2004 xurda unha nova entidade denominada Fundación Curros Enríquez, formada xa por un amplo abano de entidades institucionais, culturais e académicas que garanten a súa pervivencia.

Actualmente a Fundación ten por obxecto promover e difundir o coñecemento da vida e obra de Manuel Curros Enríquez, así coma dos outros escritores relacionados con Celanova, polo se responsabiliza da xestión da Casa dos Poetas, ademais de ocuparse de compilar material documental, organizar campañas informativas e levar a cabo actividades relacionadas co mundo da literatura galega e co tempo literario no que se moveron os poetas celanoveses.

PADROADO

Presidente
JOSÉ LUIS FERRO IGLESIAS

Secretario
ANTONIO PIÑEIRO FEIJOÓ
 
En representación:

Deputación Provincial de Ourense
JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
JESÚS VÁZQUEZ ABAD

Real Academia Galega
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Consello da Cultura Galega
RAMÓN VILLARES PAZ

Universidade de Vigo
SALUSTIANO MATO DE LA IGLESIA

Universidade de Santiago de Compostela
JUAN J. CASARES LONG

Universidade da Coruña
XOSÉ LUÍS ARMESTO BARBEIRO

Concello de Celanova
JOSÉ LUIS FERRO IGLESIAS

Título particular:

ADOLFO VÁZQUEZ RIVERO
ANTONIO MOURIÑO VILLAR
XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN
XOSÉ MANUEL DEL CAÑO
MANUEL ÁLVAREZ PÉREZ
XOSÉ BENITO REZA RODRÍGUEZ
CESÁREO IGLESIAS GRANDE
ISABEL INGELMO HIERRO
LUIS VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
JOSÉ MARÍA PAZ GAGO
LUIS FERREIRO LOREDO
XOSÉ MANUEL SALGADO RODRÍGUEZ
ALBERTO MOREIRAS
XULIO OUTOMURO SAMPAIO
ÁNGEL MANUEL RODRÍGUEZ DAPENA
ANDRÉS MAZAIRA CASTRO
FELIPE FERREIRO FEIJOO
JOSE MARÍA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
JOSÉ LUIS BALTAR PUMAR

SEDE

Casa dos Poetas
Rúa Curros Enríquez 37
32800 Celanova (Ourense)
T +34 988 45 11 76

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

HORARIO

Martes a sábado de 11,00 a 13,30 e de 16,00 a 19,00. Festivos de 11,00 a 13,30

 
Rúa de Curros Enríquez
32800, Celanova - Ourense
Tel. 988 451 176
fundacion@currosenriquez.es
Horario de atención
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes
  • Galería de imaxes

O último

  • Concertos en Celanova
  • Visitas guiadas. Celanova: pedra e poesía
  • Presentación 'Santiago. La leyenda del Santo oculto'
  • Exposición Bosque Máxico
  • Reunión Padroado 2013

O máis visto

  • Presentación libro
  • Emisión en directo das Xornadas de Xornalismo
  • I encontro de xornalismo "Onde o mundo se chama Celanova"
  • Sesión plenaria da RAG en Celanova con motivo do Centenario de Celso Emilio Ferreiro
  • Presentación de Lendas de Ourense

Miscelánea

  • Aviso legal
  • Contacto
  • Accesibilidade
  • Mapa web
  • RSS
Copyright© 2004 - 2013 Fundación Curros Enríquez  
gotop