| Premio "Celanova, Casa dos Poetas" |
|
O premio consiste nunha medalla de prata, obra do escultor Acisclo Manzano, que reproduce por unha cara a casa de Curros Enríquez, e pola outra cinco “C” concéntricas que simbolizan a letra pola que comezan os elementos identificativos deste premio “Casa dos poetas , Curros Enríquez, Celanova, Celso Emilio Ferreiro e Castor Elices”. O galardoado recibe tamén unha placa de prata na que se recolle un resumo da acta do acordo, co fin de dar fe da concesión do premio. No acto de entrega, o premiado asina sempre no libro de honra do premio, acostumando a deixar unha frase para o recordo. O premio tenta recoñecer cada ano a unha persoa ou entidade que ó longo da súa vida se ten significado especialmente por desenvolver un intenso labor a prol da cultura galega en tódalas súas facetas, ou da propia Galicia. Datas de concesión: Faise público o día 7 de marzo, coincidindo coa data do falecemento de Manuel Curros Enríquez e entrégase no transcurso dun acto que se celebra o primeiro domingo de setembro inmediato ó día 31 de agosto, que é a data do pasamento de Celso Emilio Ferreiro, tentando unir así, as datas finais das dúas figuras más salientables das letras de Celanova. Xurado: O xurado está composto exclusivamente polo Padroado da Fundación Curros Enríquez, que preside o alcalde de Celanova, en calidade de presidente de feito da Fundación, e da que forman parte representantes de diversas institucións e entidades galegas, ademais de xentes de diversos ámbitos culturais e sociais de Celanova, tendo como figura máis salientable no seu seo a do escritor orixinario de Vilanova dos Infantes, Xosé Luís Méndez Ferrín. Relación de Galardoados:1985: Xosé Luis Méndez Ferrín (Escritor) Uxío Novoneyra (Escritor) Alfredo Cid Rumbao (Historiador) Ricardo Carballo Calero (Escritor) 1986: Anxel Fole (Escritor) 1987: Xaquín Lourenzo-Xocas (Etnógrafo) 1988: Carlos Velo Cobelas (Cineasta) 1989: Xosé Neira Vilas (Escritor) 1990: Manuel Maria Fernández Teijeiro (Poeta) 1991: José Otero Abeledo “Laxeiro” (Pintor) 1992: Mesa para a defensa do galego en Asturias (Colectivo cultural) 1993: Xesús Alonso Montero (Profesor) 1994: Milladoiro (Músico) 1995: Carlos Casares Mouriño (Escritor) 1996: Manuel Colmeiro (Pintor) 1997: Isaac Díaz Pardo (Polígrafo) 1998: Francisco Fernández del Riego (Xornalista, Escritor) 1999: José Angel Valente (Poeta) 2000: Xaime Quessada (Pintor) 2001: Luz Pozo Garza (Poeta) 2002: Xohana Torres (escritora) 2003: Antón Tovar Bobillo (Poeta) 2004: Acisclo Manzano (Escultor) 2005: Amancio Prada (cantante) 2006: Virxilio Fernández (Pintor) 2007: Manuel Lurenzo (Escritor) 2008: Alfonso Sobrado (Periodista) 2009: Real Academia Galega (Academia) 2010: Manuel Gallego Jorreto (Arquitecto) 2011: Carlos Núñez (Músico) 2012: Luís Tosar (Actor) |
Co gallo de lembrar cada ano a Manuel Curros Enríquez e a Celso Emilio Ferreiro, dúas das máximas figuras literarias da Galicia do século XIX e XX e dous dos máximos expoñentes da poesía civil a partir do Rexurdimento, nados, ámbolos dous, na popular “Calle Arriba” de Celanova, a Fundación Curros Enríquez (antes o Patronato) en colaboración co Concello de Celanova, leva dende o ano 1985 organizando anualmente o premio “Celanova casa dos poetas” que pretende homenaxear un galego que ó longo da súa vida se teña significado pola defensa dos valores culturais de Galicia no máis amplo sentido da palabra.
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
