| I encontro de xornalismo "Onde o mundo se chama Celanova" |
|
|
|
| 17-03-2012 |
|
Tomando como referencia a poliédrica faceta xornalística de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, pretendemos botarlle unha ollada actual a aquelas mesmas facetas que fundamentalmente Curros Enríquez cultivou ó longo da súa vida xornalística, tales como o xornalismo nos conflictos bélicos ou o xornalismo literario. Para elo, a Fundación Curros Enríquez conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, así como a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela o Centro Pen de Galicia, a Televisióin de Galicia e a Real Academia Galega, para promover a organización dunhas xornadas de convivencia de alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación en Celanova, co fin de que poidan coñecer tamén os espazos vitais que conformaron a personalidade de ámbolos dous poetas e con tal motivo celebrar unha serie de conferencias dirixidas tamén ó público en xeral, que terá oportunidade de descubrir dúas das facetas de escritores menos identificadas cos poetas de Celanova. Organízase, este ciclo, durante unha fin de semana (sábado e domingo) co formato propio dun ciclo de conferencias sobre temas específicos do xornalismo, pero coa particularidade de que contan previamente cunha charla introductoria que ofrecerá algúns apuntamentos biográficos de Curros Enríquez ou de Celso Emilio Ferreiro na área xornalística que se vai tratar, seguido dun conferenciante que abordará xa polo miúdo esa faceta xornalística dende unha perspectiva do momento social e político actual que vivimos. |



.png)

.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
