
Poder monacal, esplendor barroco e procesos desamortizadores
Popularmente coñecido como mosteiro de San Rosendo, é un dos maiores exemplos do esplendor barroco galego dos séculos XVII e XVIII. Consta de dous claustros, unha igrexa e unha torre abacial. O primeiro dos claustros (de carácter procesional e asentado onde anteriormente puido existir outro de estilo románico) comezouse no século XVI e rematouse no XVIII. É obra de varios autores (entre eles, Rodrigo Gil de Hontañón e Antonio Palacios). Posúe unhas magníficas bóvedas tardogóticas edificadas no XVI, así como unha exuberante decoración barroca do século XVIII de influencia compostelá hacia o patio interior. O segundo dos claustros (coñecido como “Poleiro”) rematouse tamén no XVIII (concretamente, no 1722). Destaca aquí a enorme balconada e a biblioteca. Hoxe, este segundo claustro alberga un centro de estudos de secundaria.
O que máis sobresae de todo o conxunto monacal da Idade Moderna é a igrexa, comezada no XVII e rematada no XVIII. Aséntase nun lugar onde debeu haber previamente construcións medievas que se perderon coas reformas levadas a cabo durante os séculos XVI a XVIII. Na devantida igrexa, sobresaen o retablo maior (atribuido a Castro Canseco), dúas sillerías (dos séculos XVI e XVIII, respectivamente) e unha relevante caixa de órgano con dúas fachadas de estilo rococó (obra do século XVIII). Dentro de dita caixa, ubícase un órgano de comezos do século XXI habilitado para a celebración de concertos.
- Ubicación: Praza Maior de Celanova.
- Acceso: o claustro barroco ou procesional está aberto ao público. A igrexa atópase pechada agás en horario de misa. Tamén se pode acceder a través de visita guiada. Horarios aquí.
Ademais disto, pódense visitar dúas exposicións permanentes ubicadas no mosteiro, dentro do horario da Oficina de Turismo. Consultar neste enlace..
«Rudesindus» | «Galicia e a sega en Castela ó longo os tempos» |
Pinturas de José Antonio Ocaña Martínez sobre a vida de San Rosendo (fundador de Celanova) | Sobre o fenómeno migratorio galego |
Complementa a túa visita
A torre abacial (coñecida como “das campás”) pódese visitar por separado. Ademais da fermosa vista que ofrece esta visita, tras o remate do ascenso pola escaleira de caracol é interesante poder ver de preto o que queda do mecanismo do reloxio de corda instalado antes de 1.830 (obra do ferrolano Andrés Antelo Lamas).
- Ubicación: no propio mosteiro, entre a igrexa e o claustro procesional.
- Acceso: en horarios establecidos. Para coñecelos, pinche aquí.
*Parte das vistas dende o alto da torre.