Vilanova dos Infantes

 

 

 

Escenario da revolta irmandiña

 

 

 

Vilanova dos Infantes é un pobo que posúe un importante pasado medieval que aínda se percibe na súa estructura urbana. Non obstante, a única arquitectura da Idade Media que hoxe se conserva é a Torre da Homenaxe dun antigo castelo que en dita zona se erixiu e onde se produciron enfrontamentos durante as famosas revoltas irmandiñas do século XV. En Vilanova destaca tamén a tristemente desaparecida Virxe do Cristal, coñecida polo seu pequeno tamaño e pola lenda que lle serviu a Curros Enríquez de inspiración para un dos seus poemas máis coñecidos. Neste pobo, tamén podemos visitar elementos de carácter etnográfico, tales como os seus hórreos, unha exposición etnográfica sobre os zapateiros do lugar e A Cova de San Vivián.

  • Ubicación: este pequeno burgo sitúase a 1, 5 km de Celanova pola N-540 (estrada a Ourense).
  • Acceso: para visitar a Torre da Homenaxe, a exposición etnográfica sobre os zapateiros e A Cova de San Vivián, consultar horario aquí. Acceso libre para ver os hórreos (exterior) e pasear polas rúas medievais deste conxunto.

Visita guiada por Vilanova dos Infantes:

Se eres dos que non che chega con desfrutar dunha magnífica vista desde a torre da homenaxe e che apetece coñecer algo máis en profundidade a historia do edificio e da vila, podes solicitar ó persoal da entrada unha visita guiada polo burgo medieval que che permitirá ademais acceder á Cova de San Vivián e á exposición etnográfica dos zapateiros. Duración aproximada de 50 minutos e prezo de 3€ por persoa. Sábados, domingos e festivos ás 11:00, 12:30 e 16:30 (ás 18:00 de abril a setembro). Recomendamos realizar unha reserva previa no 646026421 ou fundacion@currosenriquez.es