As nosas propostas: roteiros
Inclúe: Paseo polas rúas da vila seguindo os versos dos seus destacados literatos, apertura da Casa dos Poetas para a súa visita, acompañamento polas dependencias do Mosteiro de San Rosendo e remate coa fermosa vista de Celanova desde a Torre das Campás.
- Duración aprox.: 2 horas
- Prezo: 3,00 € / persoa
Inclúe: En pouco máis de 3 km á redonda podemos realizar un auténtico paseo pola historia de Galicia. Dende un xacemento castrexo, pasando por unha vila medieval, coñecendo o esplendor do poder monacal e rematando ata actualidade a través dos nosos escritores. Inclúe todas as visitas e actividades ofertadas pola Fundación Curros Enríquez.
- Duración: xornada completa
- Prezo: 5,00€ / persoa
- Casa dos Poetas
- Mosteiro de San Rosendo
- Percorrido literario guiado polas rúas de Celanova
- Vilanova dos Infantes
- Castromao
- Duración: depende das actividades escollidas
- Prezo: 4,00€ / persoa
Facemos visitas guiadas a medida para grupos que concerten a data con antelación no noso contacto.
Novidade: concerto de órgano

A Fundación Curros Enríquez ofrece a organización dun concerto privado escoitando o órgano de Celanova.
Unha organista da Asociación de Amigos do Órgano ‘Un rato no tubo de Ourense’ ofrécenos explicacións breves sobre a historia do instrumento, mostra as súas características e ofrece varias interpretacións.
*O prezo do concerto vai aparte dos roteiros.
Cada parte da Celanova patrimonial nomeada neste apartado turístico pode ser pedida por separado ou agrupando os lugares máis interesantes según as preferencias de cada grupo, de maneira que a organización sea flexible para conseguir a visita adaptada perfecta.
Visita ou actividade
|
Duración estimada |
Casa dos Poetas | 40 min |
Percorrido literario guiado polas rúas de Celanova | 40 min |
Mosteiro de San Salvador(*Pódese incluír a exposición «Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos») |
1 h |
Torre das Campás (Mosteiro de San Salvador) |
30 min |
Vilanova dos Infantes (incluído acceso á torre da homenaxe e á Cova de San Vivián) |
1 h |
Castromao e/ou CoeliaNova (xacemento e reconstrucción do poboado castrexo) |
50 min / 30 min |
- DÍAS: de luns a domingo
- HORARIOS: según solicitude (as visitas ó Mosteiro intentaranse adaptar ás ofrecidas dende a Oficina de Turismo)
- GRUPO MÍNIMO de 10 persoas (para grupos de menor número consúltenos)