Grupos escolares

PROGRAMA «Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio»

Un dos principias obxectivos da Fundación Curros Enríquez é achegar a todos os estudantes de Galicia as figuras dos grandes poetas nacidos na vila de Celanova, como son Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

A nosa proposta compaxina o estudio da vida e obra dos poetas e a lectura dalgunhas das súas composicións ao aire libre coa visita turística, dunha  forma variada, amena, didáctica e que aspira a romper co diario da aula. Trátase pois dun magnífico complemento á clase de galego ao mesmo tempo que, percorrendo os lugares de Castromao, Vilanova dos Infantes e Celanova se pode facer «Un paseo pola historia de Galicia».

Información resumida

Se che interesa coñecer este programa en profundidade e a información turística da zona adaptada para os centros, descarga aquí.

Unha das propostas especializada deste programa escolar é o percorrido literario: «Paseo por Celanova con Curros e Celso Emilio»Descarga aquí o folleto.

Cada lectura será realizada en lugares especialmente escollidos para cada texto como por exemplo: a Casa dos Poetas, a Praza Maior, a celda onde estivo Celso Emilio, a biblioteca do IES Celanova – CEF ou A Taberna do Galo. Será o propio persoal da Fundación que vos acompañe o que escolla as paradas adecuadas en función do tempo que se queira destinar a esta actividade.

Ciclo de concertos didácticos de órgano

Contamos cunha actividade puntual no órgano do Mosteiro de San Salvador onde os colexios poderán desfrutar dunha clase maxistral deste instrumento ademais da posibilidade de tocar agunha peza xunto a el.

*É necesario reservar praza cando se coñezan as datas nas que se desenvolverá o «Ciclo de concertos didácticos de órgano».

Unidade didáctica para os concertos didácticos de órgano 2022-23

Información útil

Acceso e punto de encontro

Os centros escolares desprázanse en autocar polo que, de empezar o programa en Celanova, deberá deixarvos na Avenida San Rosendo (hai un espazo habilitado para eles). A Praza Maior será onde vos agardará a persoa de contacto (646 026 421). Para chegar ata alí só tendes que bordear a pé o Mosteiro.

Se no voso caso o programa non comeza en Celanova, senón que o fai en Vilanova ou Castromao, establecerase un punto de encontro onde recoller o acompañante da Fundación Curros Enríquez.

Material complementario

  • DVD Nouturnio
  • Cancións do disco «No bico un cantar» (María do Ceo)