Información turística

Un órgano componse principalmente de dúas partes: o instrumento propiamente dito e unha caixa que a modo de “envoltorio” recobre o conxunto.

No caso de Celanova, conservamos unha caixa do século XVIII con dúas fachadas de estilo rococó. Tras algunha intervención desafortunada, no 2001 constrúese un novo órgano encargado á casa organeira Späth (Suíza), combinándose nel características dun instrumento centroeuropeo e un ibérico.

*Podes escoitalo na misa das 12:30 dos domingos ou unirte a algunhas das actividades musicais que organizamos con grupos concertados.

Poemas na rúa

 

Itinerario literario que pretende evidenciar o caudal literario que transita polo ambiente histórico das rúas desta vila.

poemas na rua final

 

Un total de 14 paneis recollen unha selección de textos de figuras celanovesas: Curros Enríquez, Castor Elices, Castor Méndez Brandón, Celso Emilio Ferreiro, Pepe Velo ou Xosé Luís Méndez Ferrín.

Colocados nos lugares ós que fan referencia co fin de que a poesía conviva cos celanovenses, así como con todos aqueles que por unha ou outra razón se acheguen a Celanova.

Recomendacións variadas

Para descubrir máis

Paseo por Celanova

A vila ofrece recunchos e rúas de profundo sabor popular, con casas blasonadas e outras de sinxela arquitectura tradicional, pero dunha fermosa configuración urbana. Tendo a Praza Maior como eixe central, galerías burguesas enchen a Rúa San Roque que desemboca na “Calle Arriba” (formalmente Rúa Curros Enríquez onde se atopan as casas familiares de Celso Emilio Ferreiro e Curros). Na outra dirección a praza asoportalada do Cruceiro coñecida como “Praza do Millo” enlaza as rúas Fernández Losada (da Botica) coa “Calle Abaixo” dirinxido así ó visitante ó fermoso Barrio da Hermida que acolle a Capela da Encarnación. Durante o camiño:

  • Alameda con fermosas vistas do val
  • Mercado de abastos
  • Fontes e lavadeiros antigos
  • Hórreos
  • Bustos de Celso Emilio Ferreiro (escultor: Acisclo Manzano) e Curros Enríquez (obra de Luciano Asorey)
  • Reprodución da “Tessera Hospitalis” atopada en Castromao


Visitas teatralizadas

Periodicamente teñen lugar unhas visitas coordinadas dende a Fundación Curros Enríquez nas que o público forma parte da posta en escea da recreación do funcionamento diario da comunidade benedictina que habitou o Mosteiro ata 1835, ó tempo que, dunha maneira lúdica, se fai unha aproximación á vida e familia do fundador do Mosteiro e á historia da fundación do cenobio. Para consultar o calendario desta actividade recomendamos estar atentos ó noso Facebook Fundación Curros Enríquez; ou incluso poden solicitar un aviso particular a través do contacto: nanoitedostempos@gmail.com

Para contentar o bandullo

  • Café con vistas únicas no espolón da Praza Maior co Mosteiro de fondo.
  • Rúa de tapas e viños, rúa San Roque.
  • "Pata dos Poetas", só desgustable nun establecemento, "O Forno do Lito".
  • Empanada e bica perfectos para levar. Pódense encontrar en calquer panadería local.
  • "Pulpo a feira" os xoves e os domingos, a pé de rúa.
  • Queixo
  • Mel
  • Embutidos

Pregúntelle a calquer veciño, eles saben onde está o mellor!

Para ir máis alá

  • Parroquias de arredor: contamos con numerosas igrexas repartidas ó longo e ancho da nosa xeografía, nos diferentes pobos que conforman a comarca de Celanova. Neles podedes encontrar igrexas con encantos diferentes ademais de figuras tan típicas galegas como os petos de ánimas ou os cruceiros. Milmanda, O Cristal, etc. Animámosvos a encontrar e descubrir estes pequenos tesouros!
  • Outras vilas cercanas: unha vez coñecido Celanova, poderedes seguir coñecendo vilas ourensanas que se encontran preto de aquí: Bande ou Allariz.

Para disfrutar

Mercado tradicional

Todos os xoves ten lugar un concurrido mercado semanal que se celebra ininterrumpidamente desde finais do século XII e onde os produtos tradicionais da horta do val do Arnoia agora danse a man con outros produtos máis modernos (roupa, artesanía…) para convertirse no centro de referencia comercial da comarca. E por suposto é esta unha magnífica oportunidade para degustar o “pulpo á feira”, un viño da casa ou unha ración de “carne ó caldeiro” ou churrasco nos postos por debaixo da Alameda.

Turismo de compras

  • Compraencelanova.gal: aquí encontrarás toda a información, imaxes, vídeos e últimas ofertas dos establecementos da vila adheridos a este portal web.
  • Feira da Oportunidade: algúns comercios saen ás rúas a vender os seus productos con ofertas (xoves santo).

Vida sa

  • Senderismo: Camiño de San Rosendo.
  • "Carreira Nocturna" (mes de Xuño).
  • Piscina municipal aberta en tempada de verán.
  • Zonas fluviais cercanas:

Ponte Freixo (... km, Cartelle) con parrillada, zona de baño e unha ponte romana con dito nome.

Veiga (... km, A Bola) con parrillada, parque e piscina infantil.

Música

Festival Hércules Brass: festival de vento-metal no que se inclúen clases, concertos e actividades de ocio. Para saber máis visite a páxina Web do evento.

Festas locais

  • Sábado de Piñata: entroido celanovés (despois do mércores de cinza). Facebook Celanova Sábado Piñata.
  • Romaría Etnográfica Raigame: festa de carácter tradicional onde destaca a artesanía, xogos, contacontos e a música e baile galegos. (17 de Maio, Días das Letras Galegas). Páxina Web do evento.
  • Ramallosa: festa pagana propia de Celanova. Apáganse as luces do pobo e saen o farolillos a recorrer a vila. (primer fin de semana de Agosto)
  • Festivos locais: 1 de Marzo (Día de San Rosendo) e 16 de  Agosto (San Roque).

O máis importante e que en todas, o visitante de fora pode sentirse partícipe e compartir a ilusión coa que se viven dende dentro.

Se ves en grupo ou de maneira individual, temos información que che pode axudar a desfrutar Celanova ó 100%.

*Consulta as diferentes seccións segundo os teus intereses e ponte en contacto con nós para calquera dúbida.